- Adiantándose á entrada en vigor da nova normativa, creou a iniciativa Tragatóner/Tragatinta, dispoñendo xa, a través das súas fundacións, de 544 puntos de recollida destes materiais.
- A nova plataforma comezou a operar o pasado mes de novembro e xa forman parte da mesma os 15 fabricantes de equipos de impresión máis importantes do noso país e os tres principais almacenistas do mercado TIC en España.
- Recyclia estima recoller 1.230 toneladas de cartuchos tóner e tintas de impresora no prazo dun ano, o que viría a representar un 65% dos consumibles postos no mercado polas súas empresas adheridas.
- Os residuos non susceptibles de ser reutilizados, son trasladados a unha planta de tratamento na que se clasifican os seus compoñentes.
- Respecto ao po de tóner e tinta líquida, puxo en marcha unha área específica de I+D+i para atopar utilidades a estas sustancias. No caso do po de tóner, está avaliando o seu uso como compoñente do alcatrán para asfaltado de estradas e, no caso da tinta, como tinguidura para pinturas.
Cerceda, a 3 de xaneiro de 2019.- Adiantándose á entrada en vigor, a mediados do pasado mes de agosto, da normativa que obriga a reciclar consumibles tales cono cartuchos de tóner e tinta de impresora, Recyclia creou a iniciativa Tragatóner/Tragatinta, dispoñendo xa, a través das súas fundacións, de 544 puntos de recollida destes materiais, prevendo chegar aos 42.000 en toda España para o ano 2020.
É preciso recordar que a nova normativa considera aparellos electrónicos aos consumibles ofimáticos e responsabiliza a fabricantes e importadores da organización e financiamento da súa recollida e reciclaxe. O obxectivo de recollida para 2018 fíxase no 55% da media do peso dos cartuchos introducidos no mercado español nos tres anos anteriores, porcentaxe que ascenderá ao 65% en 2029 ou o 85% dos residuos xerados durante ese ano.
Cabe sinalar que en 2017 comercializáronse en España 16,9 millóns de consumibles ofimáticos, dos cales 12,8 millóns corresponden a cartuchos de tinta e 4,1 millóns a tóner.
A nova plataforma comezou a operar o pasado mes de novembro e xa forman parte da mesma os 15 fabricantes de equipos de impresión máis importantes do noso país e os tres principais almacenistas do mercado TIC en España.
Así as cousas, Recyclia prevé recoller 1.230 toneladas de cartuchos tóner e tintas de impresora (uns 7,7 millóns de unidades no prazo dun ano), o que viría a representar un 65% dos consumibles postos no mercado polas súas empresas adheridas, dando así cumprimento o obxectivo marcado pola nova lexislación sobre estes materiais.
O novo sistema susténtase na experiencia adquirida polas súas fundacións durante os últimos 15 anos respecto de a xestión de residuos ofimáticos do 90% dos fabricantes deste tipo de equipos, así como nun firme compromiso co I+D+i a fin de garantir o máximo aproveitamento dos materiais e a súa trazabilidade.
OPERATIVA
O proceso arrinca coa recollida do residuo a través dunha metodoloxía de xestión online e próxima ao usuario. De feito, o 75% dos 544 puntos de recollida habilitados atópase na canle de distribución, e o 25% restante en empresas e organismos públicos e privados. Todos eles poden solicitar a recollida a través dunha plataforma electrónica.
No caso de pemes e particulares, disporán dun buscador web e dunha aplicación móbil para consultar os contedores máis próximos habilitados en puntos limpos municipais ou en establecementos comerciais.
Unha vez culminada a fase de recollida, os residuos son trasladados a unha primeira planta de clasificación, permitindo desta forma devolver ao fabricante os cartuchos aptos para a súa reutilización, conforme aos seus criterios de fabricación e políticas medioambientais.
Os residuos non susceptibles de ser reutilizados, son trasladados a unha planta de tratamento na que se separan os seus compoñentes (ferrosos, non ferrosos, plásticos, tintas e pos) para xestionalos de forma correcta e poñelos en valor.
REUTILIZACIÓN CON I+D+i.
Os plásticos son triturados e convertidos en novos produtos. Respecto ao po de tóner e tinta líquida, Recyclia puxo en marcha unha área específica de I+D+i para atopar utilidades a estas sustancias. No caso do po de tóner, está avaliando o seu uso como compoñente do alcatrán para asfaltado de estradas e, no caso da tinta, como tinguidura para pinturas.
Desta forma, o sistema garantirá a valorización de practicamente a totalidade dos materiais, seguindo os preceptos da economía circular.
Fonte: Recyclia
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación