- Isto foi posible grazas á pioneira iniciativa Tragatóner/Tragatinta, a primeira en España para garantir a recollida selectiva e posterior reciclaxe destes materiais.
- Con tal fin, a organización habilitou unha rede conformada por 22.500 contedores, que este mesmo ano prevé ampliar para chegar aos 40.000.
- O usuario doméstico dispón dun buscador web para localizar os contedores instalados en lugares públicos máis próximos á súa ubicación, denominados ECOpuntos.
- No último ano, Recyclia tamén intensificou a súa colaboración con dúas plantas de tratamento do noso país a fin de incrementar a porcentaxe de materiais recuperados para a fabricación de novos produtos.
Cerceda, a 14 de xaneiro de 2020.- A través da súa iniciativa Tragatóner/Tragatinta, a primeira posta en marcha en España para garantir a recollida segregada e posterior reciclaxe dos cartuchos de tóner e tinta conforme á normativa que entrou en vigor o 15 de agosto de 2018, Recyclia recolleu no último ano máis de 300.000 quilos de cartuchos de impresión. Isto foi posible grazas a unha rede conformada por 22.500 contedores, repartidos entre 6.200 empresas, organismos, distribuidores de equipamento ofimático e de impresión, así como de entidades locais, e que este mesmo ano prevé ampliar para chegar aos 40.000.
Este programa conta co apoio dos 15 fabricantes de equipos de impresión máis importantes do mercado español e que comercializan o 70% dos consumibles de impresión postos no mercado anualmente.
Pola súa banda, o usuario doméstico dispón dun buscador web para localizar os contedores instalados en lugares públicos máis próximos a súa ubicación, denominados ECOpuntos. Tamén este ano Recyclia prevé ampliar esta rede de ECOpuntos e lanzar unha aplicación móbil para a súa localización, así como a certificación da trazabilidade dos residuos, desde a recollida ata o tratamento en planta.
MÁIS INVESTIGACIÓN
Así mesmo, esta organización tamén intensificou a súa colaboración con dúas plantas de tratamento do noso país a fin de incrementar a porcentaxe de materiais recuperados para a fabricación de novos produtos.
Actualmente, as técnicas de reciclaxe dispoñibles permiten recuperar de cada cartucho de tóner un 44% de plástico, un 39% de ferro, un 13% de pó de tóner e un 4% de aluminio.
Recyclia colabora con centros de investigación en diferentes proxectos de I+D a fin de atopar opcións para a reutilización do pó de tinta e de tóner. Concretamente, está avaliando o uso do primeiro como tinte para pinturas e, o segundo, como compoñente do alquitrán para asfaltado de estradas, ou ben para a súa gasificación. Un quilo deste pó pode producir suficiente enerxía para manter acendida unha lámpada LED ao redor de 300 horas.
Fonte: Recyclia
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación