- Son moitas as especies de plantas e animais en perigo de extinción, de aí que os países se atopen traballando nun plan para deter a perda de biodiversidade.
Cerceda, a 13 de febreiro de 2020.- Ante a posibilidadde de que 1 millón de especies de plantas e animais se extinga durante as próximas décadas, os países atópanse traballando nun plan para deter a perda de biodiversidade, baixo o Convenio da ONU sobre a Diversidade Biolóxica.
Combater o cambio climático, reducir a contaminación por plásticos, frear a degradación da natureza e restaurar os ecosistemas son parte do borrador do Marco global para a biodiversidade post-2020, que se adoptará este ano na COP15 do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, en Kunmíng, China.
A Comisión Europea adoptou a Estratexia de Biodiversidade para 2020 coa pretensión de deter a perda de biodiversidade e a degradación dos servizos ecosistémicos e, na medida de posible, restauralos.
A Estratexia, cun horizonte para 2050, ten seis obxectivos prioritarios:
- Plena aplicación da lexislación europea sobre natureza
- Mellor protección dos ecosistemas e maior uso de instraestructura verde
- Máis agricultura e selvicultura sostibles
- Mellor xestión das poboacións de peixes
- Controles máis estritos sobre as especies exóticas invasoras.
- Maior contribución da UE na loita contra a perda de biodiversidade mundial. Neste sentido, a UE asinou importantes compromisos internacionais no marco do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica da ONU.
https://www.youtube.com/watch?v=Zb7Xd81wliM&feature=youtu.be