- Un mozo emprendedor hindú crea unha empresa para loitar contra o impacto ambiental xerado no río sagrado polas grandes cantidades de flores arroxadas ao mesmo e procedentes dos templos cercanos.
- A iniciativa supón unha importante beneficio para a contorna, xa que para cultivar as flores é preciso utilizar pesticidas que, finalmente, acaban nas augas.
- Representa tamén unha oportunidade de integración social para mulleres sen recursos, pois, utilizando flores previamente tratadas para eliminar os pesticidas, producen conos e barritas de incienso, sen empregar para isto nin carbón nin aditivos químicos.
- O futuro pasa por converter a empresa nunha franquicia.
Cerceda, a 26 de febreiro de 2019.- O río Ganges é un dos máis sagrados para os habitantes da India, que acoden ás súas beiras para bañarse coa esperanza de purificar as súas almas e ver redimidos os seus pecados. Pero, ademais, ese curso fluvial, que proporciona auga a uns 400 millóns de persoas, é un dos máis contaminados do país.
Por incrible que poida parecer, boa parte desa polución débese á práctica de arroxar flores á auga, unha vez retiradas dos templos próximos nos que foron ofrendadas aos deuses aos que rende culto a poboación local.
Ankit Agarwal, finalista de Mozos Campións da Terra, fíxose a pregunta que ninguén se formulou antes: que ocorre cos máis de oito millóns de toneladas de flores que, anualmente acaban no Ganges? E a resposta provocoulle unha profunda preocupación. Porque para poder cultivalas é preciso utilizar pesticidas que, finalmente, acaban nas augas.
Así que fundou unha empresa social, “HelpUsGreen”, cun desembolso de tan só 900 dólares e que xa logrou atraer investimentos por valor de máis dun millón de dólares. E coa súa pequena empresa logrou dous obxectivos moi destacables: por unha banda, ao recoller unhas 2.753 toneladas de flores evitou que se depositasen no Ganges, impedindo así que uns 275 kilogramos de residuos tóxicos acabasen tamén nel; e, por outra banda, logrou proporcionar un emprego digno a mulleres con traballos precarios.
UNHA DIMENSIÓN SOCIAL.
A empresa de Ankit dá emprego a 79 mulleres que, utilizando flores previamente tratadas para eliminar os pesticidas, producen conos e barritas con incenso, sen empregar para isto nin carbón nin aditivos químicos, utilizando tamén embalaxes biodegradables elaborados igualmente con flores. A pretensión do promotor de HelpUsGreen é poder apoiar a unhas 5.000 mulleres en 2020.
Ademais dun salario digno, as traballadoras obteñen tarxetas de identidade e aprenden a asinar co seu nome, o que lles permite abrir contas bancarias e obter un seguro de saúde. Isto tradúcese na posibilidade de enviar aos seus fillos á escola, o cal pode resultar crucial nun país con elevadas taxas de pobreza e analfabetismo. Ata poden permitirse o luxo de dispoñer dun frigorífico, un soño inalcanzable para moitos habitantes da India.
PROXECTOS DE FUTURO
Como bo emprendedor, Ankit xa pensa no futuro, que pasa por converter a súa empresa social nunha franquicia, o cal permitiría propagar a súa iniciativa máis rapidamente, garantindo que todos gocen dos mesmos dereitos e oportunidades e loitando máis eficazmente contra a contaminación.
Un magnífico exemplo de economía circular, na que os residuos transfórmanse en recursos, xerando ingresos e novos produtos, así como oportunidades de emprego e novos modelos de negocio, contribuíndo deste xeito á sostibilidade do sistema e á redución da contaminación.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación