• A fracción de maior volume durante 2020 correspondeu ao papel e cartón, con 435 toneladas, e aos plásticos, con 263 toneladas, especialmente nas instalacións frigoríficas do porto.
Cerceda, ao 23 de febreiro de 2021.- O pasado ano recolléronse de forma selectiva, para o seu posterior reciclado e valorización, un total de 1.084.490 quilos de residuos no Porto de Marín (Pontevedra).
A consolidación da segregación de refugallos por tipoloxías a cargo da Autoridade Portuaria e a empresa de Servizos Portuarios Cantodarea, así como a cada vez maior concienciación e sensibilización ambiental dos usuarios, facilitou o correcto tratamento das diferentes tipoloxías.
Desde o ano 2013, o sistema de xestión de residuos foise facendo extensivo a un cada vez maior número de dependencias en toda a comunidade portuaria. Desde entón, recolléronse selectivamente 6.055.400 quilos, converténdose o porto de Marín en todo un referente na xestión ambiental de refugallos vinculados ás actividades marítimas e portuarias.
A fracción de maior volume durante 2020 correspondeu ao papel e cartón, con 435 toneladas, e aos plásticos, con 263 toneladas, especialmente nas instalacións frigoríficas do porto. Séguenlles outros materiais tales como restos de redes, burlóns, madeira, poliexpan ou vidro.
Fonte e imaxe: Autoridade Portuaria de Marín