- Un total de 7 colexios pertencen á provincia de Pontevedra, 6 á de Ourense, 5 á provincia de Lugo e 2 á da Coruña
- O obxectivo deste programa é promover a reciclaxe nos propios centros educativos e propiciar que as boas prácticas ao redor da estratexia dos tres erres trasládense aos fogares e contorna social dos estudantes
- Cada centro desenvolverá o seu propio proxecto de reciclaxe no que contarán cos coñecementos e asesoramento de Sogama, ademais dos medios materiais e divulgativos dispensados pola empresa pública
Cerceda, a 27 de novembro de 2022.- Un total de 20 centros escolares de primaria das catro provincias galegas foron seleccionados para participar este curso académico no programa “Recíclate con Sogama” 2022-2023, cuxo obxectivo é promover a reciclaxe nos propios centros educativos e propiciar a práctica da estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
Son os seguintes:
- Provincia de Pontevedra (7 centros): CEIP de Mosteiro-Bembrive e CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (ambos de Vigo); CEIP de Lourido (Poio); CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño); CEIP Plurilingüe Antonio Palacios (O Porriño); CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves); e CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza (Valga).
- Provincia de Ourense (6 centros): CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo); CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives); CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás); CEIP Manuel Respino (A Rúa); CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense); e CPR Plurilingüe María Inmaculada (Verín).
- Provincia de Lugo (5 centros): CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga (Guitiriz;, CEIP Menéndez Pelayo (Lugo); CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei); CEIP Plurilingüe de Xermade (Xermade); e CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove).
- Provincia da Coruña (2 centros): CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol) e CEIP O Areal (Camariñas).
Cada un deles desenvolverá o seu propio proxecto de reciclaxe, contando para iso cos coñecementos e asesoramento de Sogama, ademais dos medios materiais e divulgativos dispensados pola empresa pública.
DOTACIÓN DE MEDIOS E SEGUIMENTO
A execución dos traballos dará comezo estes días cunha primeira visita dos educadores da Sociedade Galega do Medio Ambiente a todos os centros participantes co fin de recabar datos iniciais, coñecer a bagaxe do alumnado en xestión de residuos e os obxectivos do equipo docente.
Antes de concluír o ano, a compañía subministrará aos colexios as denominadas illas de reciclaxe, conformadas cada unha por tres contedores con capacidade para 120 litros (amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; e xenérico, para a fracción resto).
Así mesmo, os que dispoñan de servizo de comedor ou ben xeren unha cantidade importante de materia orgánica e que conten, ademais, con terreo (horta, xardín e/o terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante, entregaráselles un composteiro, con capacidade para uns 400 litros, co que poderán elaborar abono natural e pechar o ciclo de aproveitamento do residuo orgánico.
Adicionalmente, Sogama remitirá aos centros material didáctico e divulgativo de apoio, así como material lúdico para afianzar o apreso dunha forma amena e divertida.
A previsión é que, en xaneiro de 2023, tras as vacacións do Nadal, os monitores viaxen de novo a cada centro para impartir sesións formativas presenciais, posibilitando que alumnos e docentes poidan consultar as súas dúbidas e trasladar os seus comentarios ou observacións.
En torno ao mes de marzo, os educadores regresarán ás aulas para constatar a evolución dos proxectos, corrixir posibles erros e/ou reconducir determinados aspectos. Esta nova visita será aproveitada para realizar talleres, comprobar ao mesmo tempo o grao de coñecementos adquiridos polos pequenos e motivalos s a que dean traslado dos mesmos á súa contorna familiar e social máis inmediata, exercendo o papel de embaixadores e prescritores da reciclaxe, de tal forma que os bos hábitos na escola teñan continuidade no fogar e tempo de lecer.
Xa cara a maio, e coincidindo coa última visita aos colexios, procederase á caracterización dos contedores que conforman as illas de reciclaxe a fin de cuantificar os elementos propios e impropios, é dicir, o grao de acerto ou erro á hora de seleccionar os refugallos e introducilos nos recipientes correspondentes para garantir o seu posterior reciclado. De feito, e dada a importancia desta correcta separación, os resultados desta mostraxe computarán na avaliación final dos vinte proxectos.
AVALIACIÓN
Culminado o curso, os colexios deben presentar unha memoria das súas iniciativas a través da aplicación informática do Plan Proxecta a fin de que sexa avaliada conxuntamente por Sogama e a Consellería de Educación.
Saúdos, Departamento de Comunicación