- Declaracións do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, con motivo do Día da Loita contra o Cancro de Mama.
Malia que o COVID-19 vén concentrando case toda a atención desde que irrompeu na nosa vida de forma abrupta, o certo é que os cidadáns seguen padecendo outro tipo de dolencias e, o que é peor, por ese temor ao contaxio do virus non acoden ás revisións periódicas que, en moitas ocasións, salvan vidas.
Hoxe, con motivo do Día da Loita contra o Cancro de Mama, Sogama quere sumarse a unha batalla que libra en maior medida a poboación feminina, e apelar á prevención e detección precoz como mellor antídoto para a súa curación.
Segundo a Organización Mundial da Saúde, cada 30 segundos, nalgún lugar do mundo, diagnostícase un cancro de mama. En España, conforme aos datos publicados pola Asociación Española contra o Cancro, diagnosticáronse o pasado ano máis de 33.300 novos casos.
Prudencia, responsabilidade, chequeos médicos, vida saudable e valentía, os mellores antídotos contra un inimigo que se levou por diante a tantas e tantas mulleres.
Sogama, sempre contigo.
Presidente
Javier Domínguez Lino