- Así se recolle no estudo ‘Importancia da embalaxe na entrega do pedido en e- commerce’, de AECOC Shopperview.
- O 68,5% dos enquisados considera que os seus produtos chegan ben protexidos e 4 de cada 10 móstranse satisfeitos coa embalaxe. Pola súa banda, o 30% declara que estaría disposto a pagar máis por un packaging sostible.
- Para o 42,6% deberíanse mellorar os tamaños e formatos das embalaxes para evitar os paquetes sobredimensionados.
Cerceda, a 11 de febreIro de 2021.- Todo apunta a que a sostibilidade é, cada vez máis, un elemento decisivo para os compradores en liña. Así o confirma o informe ‘Importancia da embalaxe na entrega do pedido en e- commerce’, de AECOC Shopperview, que indica que 7 de cada 10 consumidores queren que as embalaxes das súas compras por internet teñan un mínimo impacto ambiental, incluíndo os protectores interiores. O 30% dos enquisados declara que estaría disposto a pagar máis por un packaging sostible.
O estudo tamén evidencia que a embalaxe é un elemento esencial na experiencia de compra para o 41,4% dos consumidores, mentres que un 49% afirma que o packaging no que recibe os seus pedidos afecta á percepción que ten sobre as marcas.
O 68,5% dos consumidores considera que os seus produtos chegan ben protexidos, mentres que 4 de cada 10 móstranse satisfeitos coa embalaxe. Con todo, e en canto aos puntos de mellora, o 42,6% opina que se deberían optimizar os tamaños e formatos das embalaxes para evitar os paquetes sobredimensionados, mentres que un 13,7% cre que son difíciles de abrir.
PAPEL E CARTÓN, OS MÁIS UTILIZADOS
O informe destaca que papel e cartón son os materiais máis utilizados nas embalaxes de e- commerce. Ata o 92% dos usuarios recibiu algún pedido protexido con estes nos últimos meses.
De feito, 9 de cada 10 consumidores cren que o papel e o cartón son materiais respectuosos co medio ambiente e achegan mellor imaxe do produto, e un 75% entende que este tipo de embalaxes protexen mellor o produto.
Fonte: IDE
Imaxe: Pexels