- A participación nesta campaña está aberta a todos os que reciclen envases de fertilizantes e fitosanitarios co logo de SIGFITO acreditados co albarán.
- Poderán optar aos premios aqueles que tiveran depositado os seus envases nos puntos SIGFITO entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril.
Cerceda, a 12 de xuño de 2020.- Os agricultores de toda España concienciados coa protección do medio ambiente e que tiveran depositado, entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril, os seus envases agrarios nos puntos SIGFITO, teñen de prazo ata o próximo 30 de xuño para optar a puntos canxeables por agasallos. Isto é posible grazas á Operación Reciclaxe, unha acción exclusiva deste Sistema Integrado de Xestión que ten como obxectivo recoñecer o esforzo do agricultor por alimentarnos a todos e tamén por coidar o medio ambiente.
A participación nesta campaña está aberta aos agricultores que reciclen envases de fertilizantes e fitosanitarios co logo de SIGFITO acreditados co albarán. Por cada quilo de envase reciclado, obterán un crédito que poderán ir acumulando cada vez que depositen envases nos puntos de recollida e ata que se abran os periodos de canxeo. Nese momento, teñen a opción de cambiar os seus créditos dispoñibles por agasallos ou acumulalos ata o fin da campaña para obter maiores premios.
Igualmente, os puntos de recollida tamén teñen a oportunidade de optar a galardóns, rexendo para estes o mesmo prazo. Os puntos acumulan créditos en función dos quilos de envases que entregaron a SIGFITO, de forma que, cantos máis quilos recollan e máis agricultores conciencien, máis créditos acumularán. Para este canxeo contabilizaranse os residuos entregados a SIGFITO do 1 de xaneiro ata o 30 de abril.
Toda a información en https://operacionreciclaje.sigfito.es/
SOBRE SIGFITO
SIGFITO é unha entidade sen ánimo de lucro, autorizada nas 17 Comunidade Autónomas, que se dedica á reciclaxe de envases agrarios a través de puntos de recollida situados en cooperativas e distribuidores de produtos agrarios, nos que o agricultor debe entregar os seus envases baleiros para cumprir coa normativa ambiental.
Fonte e imaxe: SIGFITO