- Terá lugar en Madrid o próximo 26 de xuño e, no transcurso da mesma, propiciarase a reflexión sobre os beneficios que aporta a agricultura na loita contra o cambio climático, así como as oportunidades que ofrece para contribuír á economía circular, á xeración de emprego verde e ao incremento da poboación nas zonas máis desfavorecidas.
- Actuará como moderadora María Santos, xornalista ambiental e agroalimentaria, redactora de El Ágora e directora do programa de radio En Clave Rural.
Cerceda, a 20 de xuño de 2019.- “Agricultura, Clima e Medio Ambiente. A fórmula contra a despoboación”. Así se titula a xornada que lidera SIGFITO en Madrid o próximo 26 de xuño e a través da cal preténdese enxalzar a figura do agricultor para a produción de alimentos, pero tamén para a protección do medio ambiente.
Neste marco, intentarase promover a reflexión sobre os beneficios que aporta a agricultura na loita contra o cambio climático, así como as oportunidades que ofrece para contribuír á economía circular, á xeración de emprego verde e, moi importante, ao incremento da poboación nas zonas rurais máis desfavorecidas.
Para isto contarase coa intervención de María Asunción Pastor, da Área de Avaliación e Modelización do Clima da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), quen falará das variacións do clima e as consecuencias para a agricultura e o medio ambiente.
Seguiralle Secundino Caso, Presidente da Red Española de Desarrollo Rural, cunha intervención denominada “La despoblación en positivo. Informe REDPoblar, herramientas que solucionan la España Vaciada”.
Pola súa banda, Eduardo de Miguel, director da Fundación Global Nature, profundará no papel dos agricultores como garantes do patrimonio ambiental, mentres que Francisco de Mora, vicepresidente de Oleícola El Tejar, exporá un exemplo de economía circular na agricultura.
Actuará como moderadora María Santos, xornalista ambiental e agroalimentaria, redactora de El Ágora e directora do programa de radio En Clave Rural.
Cita: 26 de xuño, a partir das 11:30 horas, en Impact Hub Piamonte (Calle Piamonte, 23, Madrid).
SIGFITO AGROENVASES é unha sociedade sen ánimo de lucro creada co obxecto de organizar un sistema de recollida de envases agrarios para darlles un tratamento medioambiental correcto.
Toda a información en sigfito.es
Fonte e imaxe: SIGFITO
Saúdos, Departamento de Comunicación