- Na oitava edición dos seus premios corporativos, recolleu, a través dunha rede conformada por 5.000 puntos, un total de 104.935 kilos de envases que cumprían as esixencias de calidade e sostibilidade.
- Pola súa banda, os propios agricultores tamén verán recoñecido o seu esforzo ambiental a través da campaña “Operación reciclaxe”, mediante a cal obteñen créditos, trocables por premios, por cada quilo de envases depositado nalgún dos puntos de recollida.
Cerceda, a 24 de abril de 2019.- SIGFITO Agroenvases, entidade sen ánimo de lucro encargada de xestionar os envases agrarios fóra de uso para darlles un tratamento ambiental correcto e axustado á legalidade vixente, premiou en cada comunidade ás empresas, cooperativas e distribuidores do sector que máis envases reciclou durante o ano 2018, atopándose entre as mesmas a galega Agraquímica Antelana, S.L.
Unha edición máis, e xa vai pola oitava, os premios SIGFITO pretenden recoñecer o esforzo que realizan os puntos de recollida destes envases para protexer a contorna, propiciando a súa recuperación e evitando posibles sancións derivadas de malas prácticas.
O pasado exercicio, os 5.000 puntos habilitados para tal fin recolleron un total de 104.935 quilos de envases baleiros que cumprían cos requisitos de calidade e sostibilidade esixidos, isto é, aceptar unicamente os envases SIGFITO, facilitar os correspondentes albaráns aos agricultores, asegurar a correcta separación dos mesmos e dispoñer dun recinto axeitado para o almacenamento dos envases en condicións de seguridade.
OPERACIÓN RECICLAXE
Pola súa banda, os agricultores tamén poderán ser recoñecidos a título individual a través da campaña denominada “Operación reciclaxe”, mediante a cal os interesados obteñen créditos por cada quilo de envases depositado nalgún dos puntos de recollida SIGFITO. O reconto dos mesmos esténdese durante o período comprendido entre o 26 de abril e o 31 de xaneiro, resultando imprescindible que o agricultor solicite o correspondente albarán de entrega.
Preto de 150.000 agricultores participaron nesta iniciativa podendo facerse cos correspondentes premios. Para isto deben solicitalos a través do sitio web sigfito.es/operacionreciclaje ou, se o prefiren, conservar o seu saldo actual de créditos e trocalos o próximo mes de xuño.
SOBRE SIGFITO
Autorizado nas 17 comunidades autónomas de España, o obxectivo de Sigfito Agroenvases, S.L é dobre: por unha banda, facilitar que unha serie de colectivos tales como envasadores, distribuidores e agricultores cumpran coas obrigas impostas pola lei no ámbito dos residuos de envases agrarios e, por outro, axudar a preservar o medio ambiente e favorecer o desenvolvemento sostible da agricultura.
Toda a información en www.sigfito.es
Saúdos, Departamento de Comunicación