- A terceira edición desta iniciativa quere servir tamén para agradecer o incansable traballo dos agricultores para garantir a alimentación da poboación no marco da crise orixinada polo COVID-19.
Cerceda, a 7 de abril de 2020.- O sistema de recollida de envases agrarios (SIGFITO) puxo en marcha a campaña operación reciclaxe, unha iniciativa coa que pretende recoñecer o gran esforzo que están a facer os agricultores na reciclaxe dos envases agrarios, propiciando o seu mellor tratamento ambiental, pero tamén para garantir a alimentación dos cidadáns tralo estado de alarma decretado polo goberno a raíz da crise do COVID-19, levando a cabo este sector unha actividade esencial.
A organización móstrase convencida de que, ante a pandemia do coronavirus, agora, e máis que nunca, é necesario apoiar a agricultura e a forma en que SIGFITO quere facelo é premiando o labor desenvolvido por todos os puntos de recollida, así como aos agricultores que estean aportando os seus envases ao sistema para que poidan ser recuperados con todasas garantías medioambientais.
Este programa de fidelización, que alcanza a súa terceira edición, adquire este ano especial relevancia, enxalzando a dedicación dun sector imprescindible.
Fonte e imaxe: sigfito.es