- Impulsada por SIGRE, foi deseñada para esta etapa de confinamento, ofrecendo, desde unha perspectiva lúdica, contidos pedagóxicos sobre o coidado da saúde e o medio ambiente.
Cerceda, a 28 de abril de 2020.- A web educativa SIGRELANDIA, impulsada por SIGRE Medicamento e Medio Ambiente, e orientada aos escolares de segundo e terceiro ciclo de primaria, constitúe un recurso didáctico e pedagóxico de gran utilidade e interese durante o período de confinamento para instruír e sensibilizar ao alumnado sobre a importancia dun uso responsable dos medicamentos e uns correctos hábitos medioambientais e sanitarios.
Con carácter bilingüe, dispoñible en castelán e inglés, este instrumento dixital permite, dunha forma lúdica e divertida, que os nenos vaian tomando contacto co ciclo de vida do medicamento e a forma correcta de reciclar os seus residuos a través do punto SIGRE
A plataforma recrea unha cidade con cinco escenarios diferentes relacionados co medicamento: un laboratorio, un centro de saúde, unha farmacia, un fogar e unha planta de reciclado.
A educación na cultura da reciclaxe, desde as primeiras etapas do colexio ata a universidade, constitúe unha das liñas estratéxicas da comunicación de SIGRE. Con este obxectivo, puxéronse en marcha distintas iniciativas educativas como SIGRELANDIA, o proxecto de Aprendizaxe e Servizo “Medicamentos: cal, cando, como” e o Módulo Universitario.
SOBRE SIGRE
SIGRE Medicamento e Medio Ambiente é unha entidade sen ánimo de lucro creada por iniciativa da industria farmacéutica, coa colaboración da distribución e as farmacias, para garantir a correcta xestión medioambiental dos envases baleiros ou con restos de medicamentos de orixe doméstica.
Fonte e imaxe: SIGRE