- O volume recollido a través dos contedores azuis desde o inicio do confinamento podería terse reducido en aproximadamente un 15%.
- En 2018, a recollida selectiva municipal de papel e cartón en grandes cidades de máis de 100.000 habitantes foi un 10,6 % superior ao anterior
- Neste sentido, é preciso recordar que España representa a terceira industria “máis recicladora” de papel e cartón de Europa, superada só por Alemania e Francia.
Cerceda, a 19 de maio de 2020.- A reciclaxe de papel e cartón no fogar subiu de forma considerable polo repunte de embalaxes nas casas e o aumento de compras en internet, pero os residuos recollidos no contedor azul caeron desde o inicio do confinamento en aproximadamente un 15%, segundo estimacións de Aspapel. A razón é que o notable incremento producido nos fogares non compensou “a drástica” caída do cartón procedente da hostalería e o pequeno comercio polo cese temporal de actividade.
Os pequenos establecementos como bares, restaurantes de menor tamaño e tendas de barrio depositan, igual que as familias, os seus residuos de cartón en o contedor azul cando carecen de servizos de recollida municipais porta a porta, mentres que no caso de grandes superficies de distribución, industria e imprenta encárganse os operadores privados.
Case a totalidade das dez fábricas de celulosa e setenta de papel en España seguiron abastecendo á poboación sen parar a produción durante a pandemia do coronavirus por considerarse básicos os seus produtos (papel hixiénico e sanitario, envases para comida e bebida, embalaxes para o sector farmacéutico, papeis gráficos para a comunicación, información, lecer, cultura…).
Por outra banda, os xestores de residuos con plantas de tratamento autorizadas polas comunidades autónomas recollen e tratan para a súa reciclaxe case 5 millóns de toneladas de papel e cartón ao ano en España, o equivalente a 45 grandes estadios de fútbol ata arriba de papel e cartón.
En 2018, a recollida selectiva municipal de papel e cartón en grandes cidades de máis de 100.000 habitantes foi un 10,6 % superior ao anterior.
Neste sentido, é preciso recordar que España representa a terceira industria “máis recicladora” de papel e cartón de Europa, superada só por Alemaña e Francia.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pixabay