- Os recipientes, con capacidade para 390 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, contribúen a facer máis cómodo e hixiénico o proceso.
- Dado que os residuos orgánicos representan en torno ao 42% da composición global dunha bolsa de lixo tipo, se estes se reciclan en orixe, o concello consegue importantes beneficios ambientais, económicos e sociais que repercuten nunha maior sostibilidade municipal.
- A fin de que os veciños adscritos a esta experiencia poidan culminar con éxito o seu labor, recibirán un curso de formación impartido por técnicos de Sogama, así como manuais didácticos de apoio.
Cerceda, a 4 de setembro de 2020.- En resposta á solicitude do concello de Cortegada (Ourense), interesado en ampliar o seu programa de compostaxe doméstica a novas vivendas, Sogama entregou ao ente local un total de 40 composteiros a fin de que sexan repartidos entre outras tantas familias interesadas en formar parte desta iniciativa, que en todo caso deben contar con terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante.
Os recipientes, con capacidade para 390 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, contribúen a facer máis cómodo e hixiénico o proceso, recuperando así unha práctica tradicional no rural galego como é a segregación de materia orgánica para alimento do gando e/ou elaboración de compost.
Dado que os refugallos orgánicos representan en torno ao 42% da composición global dunha bolsa de lixo tipo, se estes se reciclan en orixe, conséguense importantes beneficios ambientais, económicos e sociais que repercuten nunha maior sostibilidade municipal.
Unha das principais vantaxes é a redución da cantidade de lixo depositado no contedor verde convencional, circunstancia que trae consigo unha diminución de custos derivados dunha menor frecuencia de recollida e unha redución do importe da factura a pagar a Sogama.
Así mesmo, minóranse os desprazamentos que os veciños deben realizar aos contedores de recollida selectiva ao recuperar a materia orgánica nas súas propias casas. Os participantes obteñen así un abono natural de alta calidade con excelentes propiedades fertilizantes para o solo.
A fin de que os veciños adscritos a esta experiencia poidan culminar con éxito o seu labor, recibirán un curso de formación impartido por técnicos de Sogama e manuais didácticos de apoio nos que se explica de forma pormenorizada os pasos a seguir para o compost resultante cumpra con todos os requisitos esixidos pola normativa vixente e poida ser aplicado na agricultura con garantías e sen restricciones.
Igualmente, contan cunha páxina web específica www.compostaconsogama.gal a través da cal terán a oportunidade de complementar os seus coñecementos.
O seguimiento do programa corre a cargo do propio concello.
A día de hoxe, a Sociedade Galega do Medio Ambiente xa repartiu de forma gratuita máis de 14.000 composteiros no conxunto da comunidade.
Saúdos, Departamento de Comunicación