- Terá lugar o próximo 26 de febreiro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal.
- Dirixirase ás familias que decidisen participar nesta iniciativa.
Cerceda, ao 21 de febreiro de 2020.- Trala adhesión do concello lucense de Xermade ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, no marco do cal foron entregados neste municipio, e de forma gratuíta, 25 composteiros, técnicos especialistas ao servizo da Sociedade impartirán o próximo 26 de febreiro un curso de formación presencial dirixido ás familias que, voluntariamente, decidirann participar nesta iniciativa.
A xornada terá lugar na Biblioteca Municipal, ás 19:00 horas, e o obxectivo da mesma é explicar, de forma detallada, as vantaxes, tanto ambientais como económicas e sociais, que trae consigo a autocompostaxe e como aplicar a técnica de forma axeitada, comezando pola propia localización do composteiro, que debe estar en contacto coa terra a fin de facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores.
Así mesmo, especificarase o que debe e non debe depositarse neste recipiente e incidirase na necesidade de controlar parámetros de gran interese tales como o osíxeno, a humidade e a temperatura.
Saúdos, Departamento de Comunicación