- O contrato contempla a construción de dous novos parkings de contedores (un cuberto para dúas prazas e outro descuberto para seis), así como a modificación da rede de saneamento
Cerceda, a 29 de abril de 2023.- A Sociedade Galega do Medio Ambiente vén de adxudicar, por un importe de 96.860,20 euros, a obra de construción de dous novos parkings de contedores e a modificación da rede de saneamento na planta de transferencia de residuos urbanos de Boiro (A Coruña).
Os traballos a realizar contemplan a demolición do parking existente e a execución dun novo párking cuberto de contedores, con dúas prazas, e un descuberto para seis prazas. As prazas están concibidas para contedores de 43 metros cúbicos.
Así mesmo, o contrato inclúe a execución dunha rede de captación de augas residuais de ambos os dous novos parkings a fin de conducilas ata a arqueta de desbaste da EDAR para o seu tratamento, así como a rede de drenaxe de augas pluviais procedentes dos parkings, da explanada de maniobras de contedores e da zona de circulación.
Os prazos estipulados polo contrato son dun máximo de 18 semanas, a partir da firma da Acta de inicio de obras, e un mínimo de 9 semanas. En todo caso, as actuacións a desenvolver non poderán deter nin interferir negativamente nas actividades e procesos que teñan lugar na instalación.