- Será Simón Neira García o Responsable de Transferencia e Transporte de Sogama, quen dará coñecer os pormenores da operativa aplicada por esta empresa pública en Galicia, comunidade cunhas particulares características xeográficas e orográficas, e cunha gran dispersión da poboación
- A súa intervención, que terá lugar o próximo 10 de xuño, enmárcase na Diplomatura Latinoamericana en Tratamento de Residuos Urbanos e Asimilables
Cerceda, a 1 de xuño de 2022.- Sogama foi convidada pola Universidade Nacional Villa María de Arxentina (UNVM) a expoñer a súa loxística na transferencia e transporte dos residuos urbanos.
Esta intervención enmárcase nunha Diplomatura Latinoamericana centrada no tratamento de residuos urbanos e asimilables que promove a propia UNVM, en colaboración co Instituto Pedagóxico de Ciencias Básicas e Aplicadas, e o Banco Centroamericano de Integración Económica (BCIE).
Será Simón Neira García, o Responsable de Transferencia e Transporte, quen dará a coñecer, o próximo 10 de xuño (18:00 horas en Arxentina, 14:00 en España e 16:00 horas en Colombia) os pormenores da loxística aplicada por esta empresa pública en Galicia, comunidade cunhas particulares características xeográficas e orográficas, e cunha gran dispersión da poboación. Neste sentido, cabe lembrar que Sogama dá servizo a 295 municipios, é dicir, o 94% do total, nos que habitan máis de 2.240.000 habitantes,
Cunha duración de 6 meses consecutivos, aos que habería que engadir 1 mes para que os alumnos culminen o traballo final con asistencia docente, esta diplomatura latinoamericana conta con 100 horas lectivas, estando coordinada por PhD. Ana Catalina Avella Vázquez (Colombia), Ing. Diego Serbent e Lic. Andrea Aguiar, ambos de Arxentina.
Os contidos divídense en catro módulos: xestión ambiental e dos residuos (30 horas); manexo de residuos e tecnoloxías de tratamento en función do sector de xeración (36 horas); estruturas de disposición final de residuos (28 horas); e seguridade e saúde laboral (6 horas).
Os destinatarios deste curso son os funcionarios da Administración Pública, docentes, estudantes, persoal de empresas privadas, así como técnicos e profesionais que queren ampliar a súa formación neste ámbito
Saúdos, Departamento de Comunicación