- Este recurso didáctico, non só pretende actuar como reforzo das accións educativas e didácticas contempladas no proxecto, senón que aspira a ser unha ferramenta de consulta para a poboación
Cerceda, a 25 de maio de 2023.- Dentro das actividades a executar por Sogama no marco do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Res4VALOR (Redución, reutilización, reciclado e revalorización de residuos orgánicos), a empresa lanzou un folleto dixital sobre compostaxe, que pretende ser un instrumento de utilidade para todas as persoas interesadas na valorización da materia orgánica mediante a súa transformación en compost.
Cunha estrutura sinxela e asequible para todos os públicos, este recurso didáctico, non só está orientado a actuar como reforzo das accións educativas e didácticas contempladas no proxecto, senón que aspira a ser unha ferramenta de consulta para a poboación, tanto en relación á compostaxe doméstica como á industrial, axudando a complementar coñecementos e a disipar posibles dúbidas.
Ademais de explicar o alcance do proxecto Res4VALOR, enmarcado no programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e financiado polo Fondo FEDER, contando coa participación, en calidade de socios, de Sogama, a USC e a Universidade do Minho (Portugal), o folleto mostra, a través de distintas seccións, as características da materia orgánica, como debe realizarse a súa segregación en orixe, que é o compost, cales son as súas aplicacións e beneficios, e tipos de compostaxe, explicando as particularidades e fases de cada modalidade, así como a correcta actuación dos cidadáns.
Ligazón de acceso ao folleto dixital: https://www.sogama.gal/folletores4valor/
Saúdos, Departamento de Comunicación