- O alcance do concurso inclúe igualmente o mantemento do control de accesos, CCTV e intrusión.
- O principal obxectivo do contrato, cunha duración máxima de catro anos, é a execución, durante as 24 horas do día, de labores de vixilancia e protección de bens mobles e inmobles, así como de todas as persoas que poidan atoparse nas instalacións desta empresa pública.
Cerceda, a 9 de xuño de 2020.- A Sociedade Galega do Medio Ambiente saca a licitación, por un importe de 1.689.528,13 euros (IVE incluído), o servizo de seguridade, mantemento do control de accesos, CCTV e intrusión da súa infraestrutura industrial sita en Cerceda (A Coruña), isto é, Complexo Medioambiental e vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa.
O concurso contempla a execución de labores de vixilancia e protección de bens mobles e inmobles da Sociedade, así como de todasas persoas que poidan atoparse nas súas instalacións.
É por isto que o servizo debe estar cuberto as 24 horas do día a través de roldas periódicas de carácter preventivo, control das entradas e saídas dos recintos, tanto dos traballadores e visitantes como de mercancías, rexistro informático das distintas accións e incidencias, prestación de auxilio e ata a regulación do tráfico na infraestrutura industrial da entidade pública cando as circunstancias así o requiran.
O prego de prescricións técnicas atópase a disposición dos interesados na plataforma de contratación da Xunta de Galicia, SILEX e DOUE (Diario Oficial da Unión Europea).
O contrato, cunha duración inicial de tres anos, contempla unha prórroga dun ano máis, ata un máximo de catro.
O prazo de entrega de ofertas conclúe o próximo 10 de xullo, ás 14:00 horas.
Saúdos, Departamento de Comunicación