- O seu presidente, Javier Domínguez, e o director xeral do IGVS, Heriberto García, formalizaron ante notario a operación de compra e venda esta mesma mañá.
- A instalación ocupará unha superficie de case 12.625 m2, terá capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais de fracción orgánica e 1.600 de material estruturante, estimando unha produción de 1.500 t/ano de compost de alta calidade.
- A obra e posta en marcha desta planta, previo visto e prace do Consello da Xunta, foi licitada por un importe de 7,2 millones de euros, tendo rematado o prazo para a presentación de ofertas o pasado 10 de setembro.
- A previsión é que entre en funcionamiento a finais de 2022.
Cerceda, a 21 de setembro de 2021.- O presidente de Sogama, Javier Domínguez, e o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, formalizaron esta mañá en Santiago, e ante notario, a compra e venda das parcelas (10, 11 e 12) do polígono industrial de Pazos, nas que se asentará a futura planta de biorresiduos de Verín (Ourense), por un importe de máis de 500.000 euros.
A instalación, que ocupará unha superficie de case 12.625 m2, terá capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais de fracción orgánica contida nos residuos urbanos (FORSU) e 1.600 t/ano de material estruturante, estimando unha produción de 1.500 toneladas anuais de compost de alta calidade, que se aplicará no sector da agricultura e xardinería, en substitución dos fertilizantes artificiais.
Licitada a obra por un importe de 7,2 millóns euros, previa aprobación por parte do Consello da Xunta, o prazo para a presentación de ofertas rematou o pasado 10 de setembro. O contrato contempla a redacción do proxecto de execución e actividade, así coma o deseño, construción, subministración, montaxe e posta en marcha da instalación, desenvolvéndose baixo o concepto de “chave en man”.
Na planta de Verín desenvolverase todo o proceso de compostaxe (pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento) e contará con novidosos sistemas de depuración de augas e de aire, así como de redución do nivel de ruidos a fin de garantir unha operativa respectuosa coa contorna.
Tamén será autosuficiente desde a dimensión enerxética, alimentándose con fontes renovables.
REDE AUTONÓMICA PARA A VALORIZACIÓN DA MATERIA ORGÁNICA
A planta de Verín beneficiará a preto de 52.300 habitantes de 24 concellos da provincia de Ourense e integrarase na rede de infraestruturas que Sogama, baixo as directrices da Xunta de Galicia, executará e xestionará co obxectivo de axudar aos concellos, que son os que teñen a competencia en materia de residuos, a cumprir coas súas obrigas legais. Neste sentido, cómpre recordar que, antes de xaneiro de 2024, os entes locais deben ter implantada a recollida separada da materia orgánica a través do quinto contedor, de cor marrón.
A rede loxística estará conformada por catro plantas de biorresiduos (unha por provincia): a de Cerceda -xa en operación-,e as de Cervo (Lugo), Vilanova de Arousa (Pontevedra) e Verín (Ourense), que complementarán ás públicas e privadas, actuais e futuras, dando cobertura ao conxunto do territorio galego.
Coa pretensión de optimizar recursos e minimizar os custes para os concellos, as instalacións de biorresiduos apoiaranse por 13 plantas de transferencia que serán adaptadas técnicamente para que se poida transvasar nas mesmas a materia orgánica recollida de forma separada por parte dos servizos municipais, transportádoa de seguido á planta de compostaxe industrial máis próxima.
Deste xeito, máis de 2.200.000 habitantes disporán dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 quilómetros de distancia.
A previsión é que a planta de Verín entre en funcionamiento a finais de 2022.
Saúdos, Departamento de Comunicación