- Mentres un terzo dos alimentos producidos no mundo para o consumo humano pérdense cada ano, unha de cada nove persoas padece fame.
- O desperdicio alimentario leva aparellado o malgaste de recursos naturais, á vez que orixina un negativo impacto sobre o medio ambiente e a economía.
- A campaña #StopDesperdicio, promovida polo Programa Mundial de Alimentos, pretende dar visibilidade a esta problemática e concienciar aos cidadáns para evitar que a comida acabe no cubo do lixo.
Cerceda, a 6 de novembro de 2019.- Se ben hai suficiente comida para alimentar ás 7.000 millóns de persoas que habitan no mundo, o certo é que aínda unha de cada nove padece fame. E isto é así cando, paradóxicamente, un terzo dos alimentos producidos para o consumo humano (1.300 millóns de toneladas anuais) pérdese ou desperdiciase nos distintos elos da cadea.
Neste escenario emerxe a campaña #StopDesperdicio. Promovida polo Programa Mundial de Alimentos (WFP, polas súas siglas en inglés), ten por obxecto dar visibilidade a esta problemática, de carácter global, así como as solucións ás que todos podemos contribuír. En definitiva, crear conciencia para que os cidadáns adopten os mecanismos necesarios que lles permitan poñer freo ao desperdicio de comida: planificar a compra, revisar a despensa e a neveira para consumir antes os produtos máis antigos, adaptar as cantidades cociñadas ao número de comensais e reutilizar as sobras para elaborar novos menús.
A iniciativa atópase circulando a través das redes sociais e, como parte desta campaña, WFP estase asociando con restaurantes e celebridades para poder divulgar a súa mensaxe.
DESPERDICIO NON É O MESMO QUE PERDA
WFP aclara que o desperdicio refírese ao descarte de alimentos que son seguros e nutritivos para o consumo humano, mentres que a perda supón o que se perde na cadea de subministración entre o produtor e o mercado.
O Programa Mundial de Alimentos aborda a perda axudando aos pequenos produtores en áreas como o almacenamento e o transporte, que evitan que os cultivos se boten a perder prematuramente, e conéctaos cos mercados. Exemplo disto son os silos herméticos e as bolsas de almacenamento, que reducen as perdas a case cero ao asfixiar aos insectos. Un proxecto de WFP en Nixeria demostrou que o 100% dos alimentos almacenados nas bolsas permanece intacto, en comparación co 90% que se perde cando se almacena do xeito tradicional.
En Malawi, WFP capacitou a decenas de milleiros de membros de cooperativas de produtores, a metade delas mulleres, no manexo de sementes logo da colleita, clasificación, almacenamento, ensacado, administración de almacéns e xestión financeira.
WFP asegura que o mundo produce alimentos suficientes para nutrir a todos. Xestionémolos correctamente.
Toda a información en #StopTheWaste..
Fonte e imaxe: WFP
Saúdos, Departamento de Comunicación