- Así o manifestou Rafael Apraiz Egaña, director executivo e vicepresidente de ATEGRUS, asociación que actúa como membro nacional de ISWA en España.
- Ante os micrófonos de Radio Voz, deu conta das particularidades da próxima edición de ISWA, congreso internacional por excelencia na xestión sostible dos residuos, que este ano chega a España, concretamente a Bilbao, o próximo mes de outubro (do 7 ao 9).
- Cidades sostibles, novas tecnoloxías en xestión e tratamento de residuos, innovación dixital, innovación social, cambio climático e lixo mariño constitúen algunhas das temáticas centrais a abordar.
- Un evento que, en todo caso, pretende axudar a construír o verdadeiro desenvolvemento sostible, ao que Apraiz Egaña cualifica como “o gran reto de nosa era”.
Cerceda, a 15 de marzo de 2019.- ISWA, o congreso internacional por excelencia no ámbito da xestión sostible dos residuos, chega a España e, máis concretamente a Bilbao, onde alcanzará a súa edición número 29 tras efectuar escalas estratéxicas en Malasia, Baltimore, Viena, Florencia e San Paulo, entre outros moitos emprazamentos; un percorrido que terá continuidade o próximo ano en Rotterdam, quen cederá logo a testemuña a Singapur. Unha longa viaxe polo mundo cun cometido estratéxico: informar, innovar, crear conciencia e intercambiar experiencias en torno a un problema común a case todos os recunchos do planeta: os residuos xerados polo home.
ISWA World Congress 19 celebrarase o próximo mes de outubro (do 7 ao 9) no Pazo de Congresos Euskalduna, prevendo a asistencia de 1.200 expertos procedentes de numerosos países. Así o explicou Rafael Apraiz Egaña, director executivo e vicepresidente de ATEGRUS, unha asociación técnica sen ánimo de lucro creada en 1974 cuxo obxectivo é aglutinar a todos os sistemas de xestión de residuos, así como a todos os actores da cadea, co loable fin de intercambiar criterios e posicionamentos que permitan enriquecer e mellorar a xestión dos residuos e alentar o progreso.
Á súa vez, ATEGRUS é o membro nacional de ISWA en España, presente nos cinco continentes e nun cento de países e que conta con 1.200 membros, abarcando a técnicos, empresas privadas, entidades públicas e universidades.
ECONOMÍA CIRCULAR. QUE FACEMOS?
Baixo o lema “Que facemos na economía circular?”, ISWA 2019 abarcará seis áreas temáticas que, a xuízo de Apraiz Egaña, resultan imprescindibles no momento actual. É o caso das cidades sostibles, as novas tecnoloxías na xestión dos residuos, a innovación dixital, a innovación social, o cambio climático e o lixo mariño, acollendo distintos debates técnicos e científicos, así como sesións de Networking, exposicións de produtos e servizos a cargo de empresas, institucións e organizacións, ademais de visitas técnicas a instalacións punteiras. Así mesmo, dedicarase unha sesión especial á situación da xestión dos residuos nos países de Latinoamérica.
E todo isto orientado cara a un público especialmente esixente e conformado por técnicos da empresa privada e do sector público, universidades e membros de centros tecnolóxicos.
O portavoz de ATEGRUS referiuse ao desenvolvemento sostible como o gran reto de nosa era, á vez que apelou á necesidade de abandonar o caduco modelo de economía lineal e substituílo por unha economía circular que propicie a incorporación de todos os materiais contidos nos residuos ao proceso produtivo, aforrando con isto materias primas. Así mesmo, e aos tradicionais tres erres (reducir, reutilizar e reciclar), engadiu dous que, ao seu xuízo, resultan esenciais na sociedade actual: a reeducación e a reinserción social.
ATEGRUS ten por diante meses de duro traballo; un encomiable esforzo de coordinación que comenzará coa selección de máis de 300 solicitudes de relatorios que hai que filtrar e organizar de acordo coa secretaría de ISWA, con sede en Viena, e as distintas delegacións despregadas polo mundo.
Máis información en https://iswa2019.org/
Saúdos, Departamento de Comunicación