- Países Baixos, Bélxica e Francia rexistran os maiores índices de circularidade, entre o 20 e o 30%. España queda no 7,1%
Cerceda, a 21 de novembro de 2023.- Segundo datos de Eurostat, a taxa de circularidade da Unión Europea, é dicir, a proporción de recursos utilizados que proceden de materiais de refugallo reciclados, alcanzou o 11,5% en 2022, aumentando en 0,1 puntos porcentuais (pp) respecto do ano 2021. Entre 2010 e 2022, a taxa incrementouse en só 0,8 pp, pasando do 10,7% ao 11,5%. Curiosamente, os índices de circularidade máis altos observáronse en 2018 e 2020, cun 11,6%.
Con todo, existen diferenzas significativas entre países. Así, a taxa de circularidade máis alta rexistrouse nos Países Baixos (27,5%), seguidos de Bélxica (22,2%) e Francia (19,3%), e a máis baixa en Finlandia (0,6%), Romanía (1,4%) e Irlanda (1,8%).
Se ben a maioría de países aumentaron en maior ou menor medida a súa taxa de circularidade, en España viuse reducida de forma progresiva nos últimos anos, baixando do 10,4% de 2010 ao 7,1% de 2022. Más rechamante é o caso de Luxemburgo, que baixou do 23,4% ao 5,2%, ou de Finlandia, do 10,7% ao 0,6%.
En calquera caso, as diferenzas na taxa de circularidade entre os Estados da UE baséanse, non só na cantidade de materiais reciclados de cada país, senón tamén en factores estruturais das economías nacionais.
Por materiais, a taxa de circularidade máis alta en 2022 foi a dos minerais metálicos, cun 23,9% (+0,6 pp en comparación con 2021), seguida da dos minerais non metálicos, cun 13,7% (-0,1 pp), a da biomasa, cun 10% (+0,6 pp), e a dos materiais de enerxía fósil, cun 3,2% (sen cambios).
Fonte e imaxe: Eurostat