- A directora xeral da Alianza para o Cartón de Bebidas e o Medio Ambiente (ACE) indica que “Esta é unha unha proba dos esforzos da nosa industria e realza a mensaxe de que os envases de cartón para bebidas son reciclables e estanse reciclando a escala en Europa”
Cerceda, a 18 de novembro de 2020.- De acordo cun comunicado emitido pola Alianza para o Cartón de Bebidas e o Medio Ambiente (ACE), a taxa de reciclaxe dos envases de cartón para bebidas na Unión Europea aumentou ao 51% en 2019. A organización indica que os datos evidencian un aumento interanual continuo na taxa de reciclaxe deste tipo de envases.
ACE sinala que a industria está comprometida co impulso á reciclaxe de cartóns de bebidas en toda Europa e fai un chamamento aos responsables das políticas, tanto a nivel europeo como nacional, a fin de asegurar que estes envases sexan recollidos por separado para a súa reciclaxe.
«Comprácenos que o aumento anual constante da taxa de reciclaxe de envases de cartón para bebidas en 2019 supere o 50%», afirmou Annick Carpentier, directora xeral de ACE. «Esta é unha proba dos esforzos da nosa industria e realza a mensaxe de que estes envases son reciclables e estanse reciclando a escala en Europa», ao que engadiu que «Cunha próxima axenda lexislativa da UE cara a envases máis sostibles, o cartón para bebidas está ben situado, cunha taxa de reciclaxe do 51%.
Así mesmo, considera que esta é unha oportunidade para informar aos responsables da formulación de políticas a todos os niveis que este tipo de envases representa unha solución de envasado segura, circular e sostible cunha pegada de carbono baixa, e que “se pode recoller e reciclar fácilmente”.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay