- En comparación con 2022, aumentou en 0,3 puntos porcentuais
- A taxa máis alta rexistrouse en Países Baixos (30,6%), seguida de Italia (20,8%) e Malta (19,8%)
Cerceda, a 15 de novembro de 2024.- Segundo datos de Eurostat, en 2023, o 11,8 % dos materiais utilizados na UE procedían de materiais reciclados. Este indicador coñécese como «taxa de uso circular de materiais» ou «taxa de circularidade» e mide a contribución dos materiais reciclados ao uso xeral de materiais.
En comparación con 2022, a taxa de circularidade aumentou un 0,3 %, o que a converte na proporción máis alta rexistrada ata o de agora.
En 2023, a taxa de circularidade máis alta foi en Países Baixos (30,6%), seguida de Italia (20,8%) e Malta (19,8%). E as máis baixas rexistráronse en Romanía (1,3%), Irlanda (2,3%) e Finlandia (2,4%).
Ao avaliar os tipos de materiais, a taxa de circularidade a nivel da UE foi máis alta para os minerais metálicos, cun 24,7% (+2,2 pp en comparación con 2022), seguido dos minerais non metálicos, cun 13,6% (+0,3 pp), a biomasa, cun 10,1% (+0,7 pp), e os materiais/portadores de enerxía fósil, cun 3,4% (+0,6 pp).
O plan de acción de economía circular de 2020 ten como obxectivo duplicar a taxa de uso de materiais circulares da UE para 2030 ata alcanzar o 23,2%.
Fonte: Eurostat
Imaxe: Pixabay