- Un grupo de investigación da Universidade de Córdoba (UCO) logrou converter o vidro de Tubo de Raios Catódicos (CRT) de televisores antigos en material para a construción de bases de estradas de baixa intensidade de tráfico.
Cerceda, a 1 de abril de 2020.- As tecnoloxías de visionado evolucionaron a pasos axigantados durante os últimos 15 anos. Os antigos televisores con tecnoloxía de Tubo de Raios Catódicos (CRT) deron paso outro tipo de pantallas, xerando así unha gran cantidade de lixo tecnolóxico difícil de reciclar.
Co obxectivo de valorizar este residuo, o equipo de investigación 'Aplicacións de Residuos para Construción Sostible' da Universidade de Córdoba (UCO), levou a cabo un estudo no que se probou a idoneidade dos residuos de vidro-CRT para converterse en material destinado á construción de estradas.
Logo de asesorar durante anos á empresa de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos London Weee sobre como dar saída a este tipo de refugallos, decidiron probar diferentes mesturas de vidro-CRT con áridos reciclados mixtos. O principal problema dos residuos de vidro-CRT é o seu alto contido en plomo, polo que, tras caracterizalos e aplicar unha serie de procesamientos que mellorasen as propiedades do material, fixéronse ensaios para demostrar que a combinación de vidro-CRT con áridos mixtos reciclados funcionaría sen ter un impacto negativo sobre o medio ambiente.
Deste xeito, conséguese obter un material viable para a construción de bases de estradas (unha capa estructural baixo o pavimento) de baixa intensidade de tráfico como camiños rurais, vías forestaiss, carrís ciclistas ou estradas secundarias con pouco tráfico, á vez que se pon en valor un residuo que era difícil de reciclar debido ao seu alto contido en plomo.
Fonte: Ecoticias
Imaxe: Pixaby