- Os escolares poden acceder, nun só click, ás doce actividades medioambientais que se viñeron desenvolvendo desde o pasado mes de outubro e que conectan coas materias curriculares.
- Desta forma, os pequenos teñen a oportunidade de colorear o outono con Aloia, coñecer as froitas e palabras propias desta estación, descubrir a Semana Europea da Mobilidade, recoller residuos en contornas naturais e adentrarse na operativa da planta de clasificación de envases de Sogama, entre outras cuestións.
- A Familia Trebón e os Amigos de Vilaverde continúan acompañando aos cativos nas súas aventuras.
Cerceda, a 25 de novembro de 2019.- A plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde” (www.cadernoverde.gal) segue sorprendendo con novos contidos e actividades para os pequenos da casa, tendo a oportunidade de acceder, nun só click, ás doce actividades medioambientais que se viñeron desenvolvendo desde o pasado mes de outubro e que conectan coas distintas materias de estudo do currículum académico.
O salto dado no seu momento á versión 2.0, permite unha maior interactividade cos usuarios, dotando tamén de maior atractivo ás cuestións abordadas. Así mesmo, os contidos, que se ampliaron substancialmente, son sometidos a unha constante actualización para manter o interese dos seguidores.
Desde o inicio do presente curso publicáronse distintas micropezas aglutinadas baixo o título “Tempo de outono”. Desta forma, os escolares poden colorear esta estación con Aloia, descubrir a Semana Europea da Mobilidade, recoller residuos en contornas naturais, buscar un lema para concienciar á cidadanía no maior respecto ambiental, coñecer as froitas e palabras de outono, descubrir as aves e adentrarse na operativa da planta de clasificación de envases de Sogama, onde se separan por tipoloxías os materiais depositados no contedor amarelo para propiciar o seu posterior reciclado.
A Familia Trebón (Anselmo, Carola, Lucas, o can Antenas, o gato Evaristo, Lilia e Vito) e os Amigos de Vilaverde (Tomei, Mireia, Aloia, Olalla, Brais, Mauro o can Cirilo e o avó Celso) continúan acompañando aos pequenos nas súas aventuras.
Entra en www.cadernoverde.gal
Saúdos, Departamento de Comunicación