- Leva por título “'Recomendacións para a optimización de envases e embalaxes para o comercio electrónico', e está baseado nunha guía creada conxuntamente por AECOC, Ihobe e Ecoembes.
- Neste curso, as empresas poderán identificar oportunidades de mellora nas embalaxes para conseguir que estas sexan máis sostibles, á vez que aseguren as súas propiedades de protección, inviolabilidade, de almacenamento, facilidade de manipulación e de devolución.
- Segundo un estudo elaborado por Salesforce, o comercio electrónico en España creceu un 65% no primeiro trimestre deste ano.
Cerceda, a 9 de novembro de 2021.- O comercio electrónico en España atópase en pleno auxe. Segundo un estudo elaborado por Salesforce, só no primeiro trimestre deste ano, creceu un 65%.
Co fin de contribuír a que os envases e embalaxes utilizados neste proceso sexan máis sostibles, Ecoembes, a través do seu campus dixital de formación TheCircularCampus, lanzou o curso 'Recomendacións para a optimización de envases e embalaxes para o comercio electrónico', que, baseado nunha guía creada conxuntamente por AECOC, Ihobe e Ecoembes, dirixe fundamentalmente ás empresas que distribúen produtos envasados mediante esta canle.
A través do mesmo, as empresas poderán identificar oportunidades de mellora nas embalaxes para conseguir que estas sexan máis sostibles, á vez que aseguren as súas propiedades de protección, inviolabilidade, de almacenamento, facilidade de manipulación e de devolución.
Ademais, ofrécese unha ficha de recomendacións xerais útil para calquera sector profesional e unha serie de fichas adaptadas ás necesidades específicas dos distintos sectores profesionais, tales como grandes superficies multiproduto, sector moda e accesorios, electro, fogar e xardín, perfumería e mensaxería/ paquetería.
Nesta plataforma, Ecoembes tamén pon a disposición dos directores de Marketing e Comunicación das empresas interesadas a formación en liña 'Converte os teus envases en embaixadores do teu compromiso ambiental' onde atoparán recomendacións e suxerencias para comunicar as melloras ambientais realizadas sobre os envases e poder facer destes un elemento de valor cara ao consumidor.
Ambos os dous cursos súmanse aos cinco que xa hai dispoñibles en TheCircularCampus, nos que se tratan temáticas diversas e vinculadas á economía circular e á sustentabilidade dos envases tales como ecodeseño, ecoetiquetado e análises de impacto ambiental dos produtos. Son cursos de autoaprendizaxe, gratuítos, cunha duración de entre 3 e 5 horas, e que están ao dispor de todos os profesionais das empresas que forman parte de Ecoembes.
SOBRE THECIRCULARCAMPUS
TheCircularCampus é o medio de coñecemento e formación de Ecoembes para que as empresas que integran a organización se formen en materia de economía circular. A pretensión é ofrecer ás compañías información, coñecemento e recursos relacionados con esta materia, así como un espazo no que compartir as súas mellores prácticas e axudalas a transitar cara a este novo modelo a través da sustentabilidade e a circularidade dos seus envases.
Fonte: Retema
Imaxe: TheCircularCampus