- Cos mesmos busca mellorar a vida das persoas, protexer o medio ambiente e conseguir contornas socialmente responsables.
- O impulso do emprendemeento constitúe igualmente un alicerce estratéxico no traballo deste centro, desde o cal se impulsan colaboracións con emprendedores e profesionais no ámbito da reciclaxe de envases e a economía circular.
- TheCircularLab dá emprego a 25 persoas e converteuse en punto de referencia en economía circular para diversos actores do sector.
Cerceda, a 3 de outubro de 2019.- TheCircularLab, o primeiro centro de innovación sobre economía circular creado en Europa por Ecoembes, e situado en Logroño, traballa actualmente en máis de 150 proxectos innovadores cos que se busca mellorar a vida das persoas, protexer o medio ambiente e conseguir contornas socialmente responsables.
Desde a súa posta en marcha, en 2017, esta entidade impulsou un modelo de innovación aberta que favoreceu a atracción de talento, a posta en marcha das ideas máis innovadoras e o desenvolvemento e aplicación da tecnoloxía máis avanzada.
Así mesmo, o impulso do emprendemento constitúe un alicerce estratéxico no traballo diario deste centro, desde o cal se promoven colaboracións con emprendedores e profesionais no ámbito da reciclaxe de envases e a economía circular.
TheCircularLab conta cunha aceleradora de start-ups que, en tan só dous anos, avaliou a máis de 250 start-ups procedentes dos cinco continentes e actuou como acelerador en 26 delas. É o caso de empresas coas que xa está a traballar tales como Uxer, Blue Room ou Pixelabs, entre outras.
O programa de aceleración divídese en catro fases. Na primeira leva a cabo un proceso de selección de posibles candidatos. Na segunda realiza un test piloto para o que contan con ata 10.000 euros de investimento. E na terceira acométese o desenvolvemento, negocio, planificación e escalado do proxecto. A fase catro significa xa o lanzamento ao mercado.
TheCircularLab dá emprego a 25 persoas e converteuse en punto de referencia en economía circular para diversos actores do sector, contando xa con máis de 200 colaboradores externos, entre empresas e entidades públicas.
Ademais, pasaron por este centro 55 estudantes, que participaron nos diversos programas postos en marcha por Ecoembes, como Circular University Challenge, en colaboración con Campus Iberus.
O centro traballa con 30 universidades e centros tecnolóxicos repartidos por toda a xeografía española.
Fonte: Retema
Imaxe: TheCircularLab
Saúdos, Departamento de Comunicación