- Organizado polos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor de Aparellos Eléctricos (SCRAP) que se agrupan en OfiRaee, celebrarase en Zaragoza os próximos días 22 e 23 de setembro
- Na última década, os SCRAP encargáronse da recollida e xestión de máis de 2 millóns de toneladas de RAEE domésticos en España
- Segundo o Observatorio Mundial dos Residuos Electrónicos, este tipo de residuo é o que máis crece no mundo, podendo chegar aos 74,7 millóns de toneladas en 2030
Cerceda, a 20 de setembro de 2022.- Baixo o lema “Comprometidos polo medio ambiente”, os próximos días 22 e 23 de setembro celebrarase en Zaragoza a IV edición do Congreso Nacional de Xestión de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).
A organización do evento, que estará protagonizado pola economía circular, prevendo un aforo de máis de 300 profesionais do sector da reciclaxe, corre a cargo dos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor de Aparellos Eléctricos (SCRAP) que se agrupan en OfiRaee e é o primeiro da serie que ten lugar tras a pandemia, xa que a última edición levouse a cabo en 2019, na cidade de Toledo.
2 MILLÓNS DE TONELADAS DE RAEE DOMÉSTICOS XESTIONADAS
A nivel nacional, na última década os SCRAP (organizacións sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é canalizar a correcta xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos) encargáronse da recollida e xestión de máis de 2 millóns de toneladas de RAEE domésticos en España e realizaron relevantes achegas ás entidades locais polo almacenamento e a clasificación separada desta tipoloxía de residuos nos puntos de recollida municipal.
A xestión sostible dos RAEE,, que van desde pequenos electrodomésticos a lámpadas ou equipos informáticos, cobra especial relevancia nestes momentos, ao ser o cambio climático unha das principais preocupacións dos gobernos e os cidadáns.
O RESIDUO QUE MÁIS CRECE
Segundo o Observatorio Mundial dos Residuos Electrónicos, estímase que este tipo de refugallos poden chegar aos 74,7 millóns de toneladas en 2030, sendo os que máis crecen no mundo. A súa correcta recollida, xestión e reutilización é clave para diminuír a contaminación e reducir o consumo de enerxía que supón a fabricación destes aparellos desde cero. Pola contra, poden supoñer un perigo ambiental e sanitario por conter compoñentes como cables, pilas, baterías, chumbo, cadmio ou níquel, entre outros.
Programa: https://www.congresonacionalraee.es/congreso-iv/programa-2022/
Fonte e imaxe: www.congresonacionalraee.es