- Trátase da maior app que loita contra o desperdicio de alimentos no mundo conectando a usuarios con milleiros de produtores, restaurantes, supermercados e panaderías, entre outros comercios, que venden paquetes sorpresa co seu excedente diario de comida a prezos moi reducidos.
- Máis de 14.000 establecementos están unidos a este movemento, que conta con máis de 4 millóns de usuarios (case o 10% da poboación española)
- A día de hoxe, a app xa está presente con éxito en 17 países a nivel europeo, Estados Unidos e Canadá.
Cerceda, a 18 de marzo de 2022.- Too Good To Go (www.toogoodtogo.es), a maior app que loita contra o desperdicio de alimentos no mundo, aterrou en España en setembro de 2018 e acaba de anunciar que xa salvou máis de 6 millóns de packs de comida de milleiros de establecementos no noso país, evitando o desperdicio de máis de 6.000 toneladas de alimentos en pouco máis de tres anos. Con isto aforrouse a emisión de máis de 15.000 toneladas de CO2 eq á atmosfera, o que equivale ás emisións de 49.625 avións voando de Madrid a Londres ou de 2.953 avións dando a volta ao mundo.
Máis de 14.000 establecementos están unidos a este movemento, que conta con máis de 4 millóns de usuarios (case o 10% da poboación española).
OPERATIVA
A través da súa app, Too Good To Go conecta a usuarios con milleiros de produtores, restaurantes, supermercados e panaderías, entre outros comercios de alimentación, que venden paquetes sorpresa co seu excedente diario de comida a prezos moi reducidos. O obxectivo é evitar o desperdicio de toda a comida que sobra ao final do día nestes comercios. Desta maneira, os negocios non teñen que tirar comida, os usuarios aforran diñeiro ao comprar comida de calidade con descontos de case o 70%, e evítanse as consecuencias ambientais do desperdicio.
O funcionamento desta aplicación é moi sinxelo. Cada día os establecementos ofrecen na app packs sorpresa co excedente que tiveron esa xornada. O usuario tan só ten que escoller o establecemento que máis lle gusta, reservar e pagar o seu pack a través da app, e recollelo na tenda á hora establecida.
A acollida desta iniciativa está a ser moi positiva. Só en 2021, Too Good To Go salvou máis de 3,8 millóns de packs de comida en España (3.800 toneladas), o que supuxo un aumento do 90% de packs de comida salvados respecto aos dous anos anteriores.
2021 supuxo un salto na expansión de Too Good To Go polo territorio nacional. Actualmente, a app xa está a actuar contra o desperdicio de comida en todo o país tras activar a súa loita en novas rexións como as Illas Canarias.
Desde a compañía prevén que esta tendencia continúe e sinalan que, en 2022, uniranse novas marcas, produtores e establecementos á aplicación, sendo o obxectivo salvar outros 5 millóns máis de packs de comida antes de finalizar o ano.
PRESENTE EN EUROPA, EEUU E CANADÁ
Actualmente, a app xa está presente con éxito en 17 países a nivel europeo, Estados Unidos e Canadá, onde se salvaron máis de 115 millóns de packs de comida grazas aos máis de 50 millóns de usuarios e máis de 130.000 establecementos que xa se uniron ao movemento ao redor do mundo.
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Too Good To Go