- Se ben o próximo cume do clima, que se celebraría en Glasgow o próximo mes de novembro, foi posposto para 2021 debido á pandemia do COVID-19, o vicepresidente da Comisión Europea a cargo do Acordo Verde, Frans Timmermans, manifestou que non se frearía o traballo para unha COP26 ambiciosa.
- O grupo de expertos sobre clima E3G posicionouse nesta mesma liña dicindo que aprazar a COP26 foi "unha decisión responsable" por razóns de saúde e seguridade.
- A Comisión comezou a elaborar unha análise de costo-beneficio para elevar as ambicións da UE para 2030 e reducir as emisións nun 50-55% en comparación cos niveis de 1990.
Cerceda, a 7 de abril de 2020.- Se ben a COP26, a celebrar en Glasgow (Escocia) o próximo mes de novembro, pospúxose para 2021 debido á pandemia do COVID-19, a Comisión Europea puxo de relevo o seu "forte compromiso" coa axenda climática global.
Frans Timmermans, vicepresidente da Comisión da UE a cargo do Acordo Verde Europeo, que ten por obxecto dirixir o bloque cara ás emisións netas de gases de efecto invernadoiro para 2050, recoñeceu que, na actualidade, e debido á crise do coronavirus, a actividade diplomática mundial estase ralentizando, entendendo que esta decisión adóptase para evitar que a COP26 non cumpra coas expectativas como resultado dunha participación insuficiente. Non obstantes, reafirmou o compromiso da Comisión coa axenda climática global e o Acordo Verde Europeo."Non ralentizaremos o noso traballo a nivel nacional ou internacional para prepararnos para unha COP26 ambiciosa, cando teña lugar", subliñou.
A Comisión comezou a elaborar unha análise de costo-beneficio para elevar as ambicións da UE para 2030 e reducir as emisións nun 50-55% en comparación cos niveis de 1990.
Siñalou que ese plan "vai por bo camiño e a Comisión cinguirase a el" e que o estudo de impacto detallado presentarase en setembro, tal e como estaba previsto. "O mesmo ocorre co traballo necesario para presentar unha contribución mellorada determinada nacionalmente á CMNUCC en liña co noso compromiso no marco do Acordo de París", engadiu.
No Parlamento Europeo, os lexisladores reaccionaron de xeito similar. "Os esforzos para salvar vidas e loitar contra o COVID-19 continúan a ser unha prioridade", asegurou Pascal Canfin, un eurodiputado que preside o comité do Parlamento sobre medio ambiente e saúde pública.
O grupo de expertos sobre clima E3G posicionouse nesta mesma liña dicindo que aprazar a COP26 foi "unha decisión responsable" por razóns de saúde e seguridade.
Pero o presidente executivo de E3G, Nick Mabey, tamén instou aos gobernos mundiais a que non quiten a vista da urxencia climática. “Se ben debemos abordar con urxencia a crise de saúde e os seus efectos sociais e económicos, non podemos esquecer que o reloxo segue avanzando na carreira por deter o cambio climático. A medida que o mundo se move para recuperarse de COVID, a construción da cooperación climática a través dunha COP26 reprogramada será parte do novo esforzo global necesario para limitar múltiples crises mundiais futuras”, enfatizou.
Fonte e imaxe: EURACTIV.com