- Abren este número de outubro sendas entrevistas realizadas a José María Fernández González, xerente de PROMA, e a Mercedes Cereijo, directora do CEIP Plurilingüe de Outes.
- Destácanse algunhas accións recentes promovidas pola Sociedade tales como a celebración do segundo Workshop correspondente ao proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal “Res2ValHum” e a ampliación do seu programa de compostaxe coa incorporación do CRAEGA.
- Desde a dimensión pedagóxica, déixase constancia das súas campañas educativas “Volta ao cole sostible” e “O chan e o inodoro non son contedores de lixo”, o programa de charlas externas e os novos recursos didácticos cos que dotou á plataforma educativa www.cadernoverde.gal.
Cerceda, a 31 de octubre de 2019.- Aderezada coas entrevistas de José María Fernández González, xerente de PROMA, e de Mercedes Cereijo, directora do CEIP Plurilingüe de Outes, saíu á luz o último número da Newsletter de Sogama, na que se dá conta de distintas iniciativas levadas a cabo recentemente por esta empresa pública, así como as previsións para os próximos meses.
Destácase a celebración do segundo Workshop correspondente ao proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal “Res2ValHum”, cuxo obxecto é poñer en valor a materia orgánica, e que tivo lugar nas dependencias de Sogama en Cerceda con gran participación e interesantes relatorios. Alúdese igualmente á participación desta entidade no Grupo de Economía Verde enmarcado na Estratexia Dixital de Galicia, e á situación do seu programa de compostaxe doméstica, reforzado coa incorporación ao mesmo do CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia), ao que se dotou con 100 composteiros, tendo impartido nas súas sedes de Monforte de Lemos e Boqueixón ambos cursos de formación presenciais.
Así mesmo, e desde a dimensión pedagóxica, a Sociedade puxo en marcha un novo programa de charlas externas en centros educativos e colectivos sociais e introduxo novidosos recursos didácticos na súa plataforma educativa www.cadernoverde.gal.
Tamén sacou á luz interesantes campañas como “Unha volta ao cole sostible” e “O chan e o inodoro non son contedores de lixo” a fin de que a cidadanía xestione correctamente residuos tales como cabichas, bastoncillos de algodón, chicles e toallitas húmidas, pois, malia o seu pequeno tamaño e aspecto inofensivo, son altamente contaminantes cando se arroxan de forma indiscriminada na contorna.
A revista compleméntase con outros asuntos de actualidade tales como a proposta da OMS para investigar o impacto dos microplásticos sobre a saúde, a participación dos pescadores galegos na reciclaxe de lixo mariño, a dotación económica da Unión Europea (10.000 millóns de euros) para apoiar a economía circular, o incremento do gasto da industria en protección ambiental, as receitas da FAO para unha vida saudable, a alianza circular sobre plásticos e a preferencia dos consumidores de envases sostibles para froitas e hortalizas, entre outros.
Ligazón para a descarga da News:
http://www.sogama.gal/sites/default/files/newsletter/2019/10/Newsletter41_outubro2019.pdf
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación