- Elaborado por LinQ para labolsadepapel, asegura que o 44% reutilízaas para volver a efectuar compras e, o 56% para levar papel e cartón ao contedor azul de reciclaxe
Cerceda, a 2 de maio de 2022.- Segundo un estudo realizado por LinQ para labolsadepapel, o 89% dos consumidores afirma que garda estas bolsas que lle entregan os comercios para reutilizalas posteriormente dúas ou tres veces como media.
Entre os principais usos, figuran gardar cousas en xeral (46%), así como roupa e calzado en particular (20%) ou enseres e utensilios do fogar (19%). Así mesmo, o 44% das persoas entrevistadas afirma que reutiliza as bolsas para volver a efectuar compras e, o 56%, bota man das mesmas ao final da súa vida útil para levar papel e cartón ao contedor azul de reciclaxe.
As razóns máis valoradas para o uso e reutilización das bolsas de papel son que coidan o medio ambiente (87%), que se pueden volver a utilizar varias veces (79%) e que están feitas con material reciclado (77%).
Este carácter reutilizable xa fora avalado por un estudo de Itene, que pon de manifesto que a bolsa de papel, independentemente do tipo de asa, é reutilizable, tanto para un uso téxtil como para outros usos en supermercados tras soportar cinco secuencias do ensaio de tirón, máis ensaio de fatiga.
Agora, este informe de LinQ mostra que este tipo de bolsas, non só son tecnicamente reutilizables, senón que os cidadáns españois reutilízanas masivamente.
Fonte: Ambientum
Imaxe: Pexels