- Non obstante, no documento tamén se indica que as empresas europeas están adoptando, cada vez máis, modelos de negocio circulares, centrados principalmente na eficiencia operativa e a redución de residuos.
- Os obstáculos parecen estar na cultura corporativa, os factores do mercado e a complexidade do sistema.
- Adicionalmente, sinálase que monitorear o progreso na economía circular necesita máis investimento, xa que moitos datos relevantes non están dispoñibles nos sistemas de información establecidos, incluídas as estatísticas nacionais.
Cerceda, a 15 de outubro de 2019.- Segundo un informe da Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), e que leva por título “Allanando el camino para una economía circular: ideas sobre el estado y las posibilidades”, as iniciativas de economía circular en Europa aínda se atopan nunha etapa temperá.
O documento fai balance das accións levadas a cabo para reducir o masivo consumo de recursos naturais e minimizar as emisións de gases de efecto invernadoiro e residuos nocivos, pero as conclusións do mesmo apuntan a que aínda queda camiño por percorrer.
Non obstante, indícase que as empresas europeas están adoptando, cada vez máis, modelos de negocio circulares centrados principalmente na eficiencia operativa e a redución de residuos.
Así mesmo, os obstáculos para a transición cara a modelos de servizos parecen estar na cultura corporativa, os factores do mercado e a complexidade do sistema.
As enquisas do EEE indican que 21 dos 32 países membros que responderon ás mesmas xa apoian iniciativas de economía circular.
Os países utilizan a regulación e os instrumentos baseados no mercado, principalmente para a reciclaxe, a recuperación de enerxía e a xestión de residuos, mentres que o deseño ecolóxico, o consumo e a reutilización adoitan estar dirixidos a instrumentos de políticas máis liviás, como campañas informativas e etiquetas.
O informe sinala tamén que monitorear o progreso na economía circular necesita máis investimento, xa que moitos datos relevantes, por exemplo sobre a fase de produción e consumo dos ciclos de vida do produto, non están dispoñibles nos sistemas de información establecidos, incluídas as estatísticas nacionais.
Pola súa banda, indica igualmente que as políticas e iniciativas de economía circular requiren unha mellor integración coas políticas de bioeconomía e clima.
Fonte: Axencia Europea de Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación