- Promovido por AIMPLAS, coa colaboración de INESCOP (Centro Tecnolóxico do Calzado), pretende erixirse nunha solución innovadora e sostible, toda vez que o uso de adhesivos está presente en moitos ámbitos industriais.
Cerceda, a 25 de setembro de 2019.- O emprego de adhesivos é habitual en moitos sectores industriais, ben como produto final ou ben formando parte dos seus procesos. Non obstante, as materias primas utilizadas para a fabricación dos mesmos proceden de recursos fósiles non renovables.
Desta forma, e tomando como referencia a economía circular, nace o proxecto europeo ECOGLUE I. Promovido por AIMPLAS, coa colaboración de INESCOP (Centro Tecnolóxico do Calzado), e contando co financiamento do IVACE, ten por obxecto desenvolver novos bioadhesivos a partir de fontes renovables; unha solución innovadora e en liña coa sostibilidade.
Así, o cometido do proxecto é a síntese, formulación e caracterización de bioadhesivos de poliuretano e epoxi a partir de fontes renovables, sendo validadas as súas propiedades en sectores do calzado, construción e transporte.
Con tal fin, seguiranse dúas vías: a primeira consiste na síntese de resinas de base epoxi a partir de aceites naturais e, a segunda, contempla a adquisición de resinas comerciais con base poliuretano e epoxi procedentes de fontes renovables. En ambos casos formularase o correspondente bio-adhesivo mediante adición de diferentes aditivos, cargas, catalizadores, etc.
A iniciativa conta co apoio do grupo de investigación Functional Inorganic Materials Team (FuniMAT) pertencente ao Instituto de Ciencia Molecular (ICMol) e o departamento de Enxeñería Mecánica e de Materiais da Universidade Politécnica de Valencia (UPV), ademais da participación dunha decena de empresas valencianas interesadas nos novos desenvolvementos.
Fonte e imaxe: Aimplas
Saúdos, Departamento de Comunicación