- Baixo o acrónimo MICROPLAST, desenvolverá unha metodoloxía estandarizada que permite obter datos homoxéneos sobre a presenza destas partículas en distintas fontes de augas residuais.
- A iniciativa pretende dar resposta á crecente preocupación da sociedade sobre a existencia de microplásticos no medio ambiente e a súa afección á contorna e á saúde das persoas.
Cerceda, a 30 de xullo de 2019.- Un proxecto liderado por AIMPLAS (Instituto Tecnolóxico do Plástico) baixo o acrónimo MICROPLAST, e cuxo obxectivo é eliminar os microplásticos presentes nas augas residuais, tanto urbanas como industriais, desenvolverá unha metodoloxía estandarizada que permite obter datos homoxéneos sobre a presenza destas partículas en distintas fontes de augas residuais.
A iniciativa pretende dar resposta á crecente preocupación da sociedade sobre a existencia de partículas plásticas no medio ambiente cun tamaño inferior a 5 mm, e que se coñecen como microplásticos, que poden chegar ás nosas mesas a través do peixe que comemos ou o sal co que aderezamos os nosos pratos.
A preocupación social en torno a esta problemática traduciuse na realización de numerosos estudos e investigacións sobre estas partículas, pero as súas conclusións son dispares e ata o de agora non chegaron a evidenciar un perigo para a propia contorna e a saúde das persoas.
MICROPLAST quere adiantarse á futura lexislación sobre estes elementos e para iso propúxose dous obxectivos. Por unha banda, desenvolver unha metodoloxía estandarizada para cuantificar a presenza de microplásticos en augas residuais de carácter urbano (depuradoras) e industriais (planta piloto de reciclado), traballo que lle permitirá coñecer a situación actual e valorar igualmente a eficiencia dos distintos métodos de filtrado. E, por outro, desenvolver dúas tecnoloxías distintas de tratamento a escala piloto: unha baseada en filtros de area e de carbón activado, e outra de reactores de membrana.
Fonte: Aimplas
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación