- Trátase de SOLARFLEX, cuyo obxecto é o desenvolvemento dunha nova xeración de celdas solares fotovoltaicas máis económicas, flexibles, de maior tamaño, menos contaminantes e feitas con materiais orgánicos
- A pretensión é reducir os custos de produción e facelo ao mesmo tempo desde a responsabilidade social e ambiental
Cerceda, a 11 de maio de 2023.- Reducir os custos de produción e facelo ao mesmo tempo desde a responsabilidade social e ambiental é o obxecto do proxecto SOLARFLEX, impulsado por AIMPLAS (Instituto Tecnolóxico do Plástico), quen está a traballar no desenvolvemento dunha nova xeración de celdas solares fotovoltaicas máis económicas, flexibles, de maior tamaño, menos contaminantes e feitas con materiais orgánicos, substituíndo ás de silicio.
En concreto, o resultado deste proxecto, financiado polo IVACE e a UE, é o impulso de celdas solares de polímeros flexibles OPVs en substratos de baixo impacto ambiental como bioPET e rPET. Así, SOLARFLEX permitirá evitar a dependencia doutras materias primas e de terceiros países. Para facelo posible, as celdas están libres de ITO (óxido de indio e estaño), un metal caro, raro e escaso, polo que se buscan materiais alternativos para diminuír o custo da celda solar.
Desta maneira, conséguese que a industria poida reducir a súa dependencia enerxética de fontes non renovables e impactar de maneira positiva na economía. A investigadora líder en Enxeñaría en AIMPLAS, Susana Otero, destaca que “O proxecto supón o desenvolvemento de novas celdas solares cuxa fabricación, mediante tecnoloxías de impresión convencional, implica unha redución importante do custo de produción e unha comercialización a gran escala”. Para o desenvolvemento deste traballo, cóntase coa colaboración das empresas Bornay, ClearPet, Applynano Solutions, ITERA, Sinfiny e FORVIA.
Fonte: Aimplas
Imaxe: Pexels