- A creación e formalización do mesmo enmárcase nun convenio de colaboración asinado polo Gremi de Recuperació de Catalunya e Dríade Soluciones Ambientales coa Asociación Moda Sostible de España.
- Trátase dun distintivo que avala e identifica, de forma obxectiva e segundo distintos parámetros e criterios, o grao de reciclabilidade dunha prenda de roupa, definindo ata que punto é “reciclable” ou “reciclada”.
Cerceda, a 23 de outubro de 2020.- Un Selo de Reciclabiliad concibido específicamente para o sector téxtil impulsará a moda sostible. A iniciativa enmárcase nun convenio de colaboración asinado polo Gremi de Recuperió de Catalunya e Dríade Solucións Ambientais coa Asociación de Moda Sostible de España.
Trátase dun distintivo que avala e identifica, de forma obxectiva e segundo distintos parámetros e criterios, o grao de reciclabilidade dunha prenda de roupa, definindo ata que punto é “reciclable” ou “reciclada”. Concíbese así como a ecoetiqueta voluntaria que as empresas poderán incluír nos seus produtos para evidenciar o seu compromiso, firme e veraz, co medio ambiente, e acreditar desta forma o esforzo para diminuír a súa pegada ecolóxica.
No acordo contémplase o ofrecemento de información ás marcas fabricantes de prendas de vestir sobre como deseñar e producir roupa cun alto índice de reciclabilidade e facilitar o seu reciclado unha vez esgotada a súa vida útil. Por exemplo, evitando as cremalleras e ornamentos ou utilizando un só tecido.
Neste sentido, cabe sinalar que, segundo a Asociación da Moda Sostible de España, enténdese por prenda sostible “aquela que respecta e coida o medio ambiente e a saúde humana, que garante os dereitos e dignidade dos seus traballadores, que emprega materiais orgánicos ou reutiliza materiais, que fomenta a produción e a artesanía local, e que traballa por un consumo responsable e unha economía circular”.
O convenio terá unha duración de tres anos, con posibilidade de ser renovado.
QUEN É QUEN
O Gremi de Recuperació de Catalunya é unha asociación con máis de 80 anos de historia, que aglutina ao 90% do material recuperado en Catalunya, con máis de 340 plantas xestoras de residuos asociadas que xestionan e tratan todo tipo de materiais. Co-fundadora do Selo de Reciclabilidade de Envases.
Pola súa banda, Dríade Soluciones Ambientales é unha consultoría medioambiental integral especializada na reciclaxe, a prevención e o ecodeseño, así como na impartición de formación nestas materias. Empresa fundadora do Selo de Reciclabilidade de Envases.
A Asociación Moda Sostible de España (AMSE) está conformada por empresas privadas impulsoras do movemento ecolóxico aplicado á moda. Encárgase de transmitir os valores de transparencia, ética empresarial e sostibilidades, ademais de visibilizar e apoiar o comercio de moda respectuosa co medio ambiente.
Fonte e imaxe: Dríade Soluciones Ambientales