- A esta cifra súmanse 80 multinacionais e asociacións, e confíase en que haxa máis adscricións durante as próximas semanas.
- A iniciativa, na que a Comisión Europea participa como observador, está inspirada no traballo sobre a Nova Economía dos Plásticos da Fundación Ellen MacArthur.
- O Pacto establece catro obxectivos medibles para 2025: deseñar todos os envases e produtos plásticos para que sexan reciclables; reducir os produtos de plástico virxe e embalaxe en, alomenos, un 20% en peso; aumentar a capacidade de recollida, clasificación e reciclaxe dos plásticos dun só uso nun 25%; e impulsar a utilización de plásticos reciclado nun 30%.
Cerceda, a 10 de marzo de 2020.- O Pacto Europeo dos Plásticos, inspirado no traballo sobre a Nova Economía dos Plásticos da Fundación Ellen MacArthur, conta xa con 13 países adscritos, entre os que figuran Países Baixos, Francia, Dinamarca, Alemaña, Italia, Grecia, Suecia, Portugal, Finlandia, Eslovenia, Lituania, Letonia e España. A esta cifra súmanse 80 multinacionais e asociacións, e confíase en que haxa máis adhesións nas próximas semanas.
Esta iniciativa, na que a Comisión Europea participa como observador, ten por obxecto acelerar a transición cara á economía circular a través da redución do uso innecesario de plásticos e a firme aposta pola innovación na reutilización e reciclado deste material.
O Pacto Europeo dos Plásticos establece catro obxectivos medibles para o ano 2025, isto é,
- Deseñar todos os envases plásticos e produtos plásticos dun só uso postos no mercado para que sexan reutilizables na medida do posible, e que, en todos os casos, sexan reciclables en 2025.
- Avanzar cara a un uso máis responsable dos envases e produtos plásticos a fin de reducir o consumo de plástico virxe e a embalaxe en, alomenos, un 20% (en peso) para 2025.
- Aumentar a capacidade de recollida, clasificación e reciclaxe de todos os plásticos utilizados en envases e produtos de plástico dun só uso en, alomenos, un 25% para 2025, así como alcanzar un estándar de calidade de todo o proceso de reciclaxe adecuado á demanda de plástico reciclado.
- Impulsar o uso de plásticos reciclados en novos produtos e embalaxes tanto como sexa posible para 2025, e que as empresas que usen plásticos logren unha media de, alomenos, un 30% de plásticos reciclados (en peso) na súa gama de produtos e embalaxes.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación