- Uníronse para formar Círculo RECICAP, que contará cunha rede inicial de 4.057 puntos de recollida en toda España.
- O sistema de reciclaxe baséase nun modelo colaborativo entre o consumidor, a distribución, as administracións locais e as empresas do sector, e fomenta a reciclaxe dos consumidores en determinados puntos de venda ou puntos limpos.
- Coa reciclaxe das cápsulas de café garántese unha segunda vida ao plástico, ao aluminio e aos pousos de café.
Cerceda, a 11 de marzo de 2022.- Baixo o paraugas da Asociación Española do Café (AECafé), 24 compañías fabricantes de cápsulas de café uníronse para formar Círculo RECICAP e desenvolver un ambicioso proxecto de recollida e reciclaxe de cápsulas de café (de aluminio e plástico), que garanta unha solución integral para o sector.
Cunha rede inicial de 4.057 puntos de recollida, o sistema xa está a dar servizo a preto de 42 millóns de persoas en todo o territorio español.
O modelo continuará expandíndose progresivamente para ampliar o número de puntos e a cobertura grazas aos acordos que a entidade está a desenvolver, tanto a nivel nacional como local, con administracións públicas e retailers.
OBXECTIVOS
Círculo RECICAP nace co principal obxectivo de ofrecer un único sistema de reciclaxe de cápsulas de café, tanto de aluminio como plástico, que garanta unha solución integral para o sector.
Así mesmo, traballa para expandir o sistema actual a través da ampliación dos puntos de recollida, facilitando ao consumidor un mellor e máis amplo acceso ao sistema, tanto a nivel local como nacional. Desta maneira, asegúrase a circularidade das cápsulas de café como residuo.
Os puntos de recollida de Círculo RECICAP e a súa localización pódense consultar a través da páxina web www.circulorecicap.com
SISTEMA DE RECICLAXE
O sistema de reciclaxe de Círculo RECICAP baséase nun modelo colaborativo entre o consumidor, a distribución, as administracións locais e as empresas do sector, e fomenta a reciclaxe dos consumidores en determinados puntos de venda ou puntos limpos.
Desde aquí, os distribuidores e os municipios trasladan as cápsulas ás plataformas ou puntos de acumulación e é Círculo RECICAP quen se encarga de recollelas e reciclalas integramente, proporcionando unha segunda vida ao plástico, ao aluminio e aos pousos de café.
- Todas as cápsulas (de plástico e aluminio) chegan á planta de reciclaxe e son trituradas para poder extraer os pousos de café e utilizalos como abono de uso agrícola debido ao seu alto contido de nutrientes.
- As cápsulas, xa abertas e baleiras, son separadas segundo o seu material: aluminio ou plástico.
- As de aluminio fúndense e así poder reutilizar o metal. O aluminio das cápsulas, ao ser infinitamente reciclable, transfórmase en novos obxectos cotiáns como portaminas, etc.
- As de plástico tamén son tratadas para producir unha granza que, posteriormente, se utiliza para fabricar outros produtos tales como macetas, mobiliario urbano, ratos de computador, etc.
Fonte: Círculo RECICAP
Imaxe: Pixabay