- Celebrarase o vindeiro mércores, 30 de outubro, no Auditorio Meeting Place de Madrid, prevendo a asistencia de máis de 200 axentes claves do sector.
- No transcurso do evento abordaranse outros temas cruciais como a actividade dos xestores de residuos no futuro, os novos desenvolvementos normativos e o control da calidade do papel recuperado nas plantas de xestión de residuos.
- O encontro contará coa participación de relatores de alto perfil, tanto profesionais do sector como representantes das administracións públicas.
- O congreso culminará, como vén sendo habitual, coa entrega do Premio Repacar “Unha vida recuperando papel”.
Cerceda, a 28 de outubro de 2019.- O vindeiro mércores, 30 de outubro, celebrarase a undécima edición do Congreso Nacional de Reciclaxe de Papel “O noso papel no futuro”.
Promovido e organizado por REPACAR, Asociación Española de Recicladores Recuperadores de Papel e Cartón, celebrarase no Auditorio Meeting Place de Madrid, prevendo a asistencia de máis de 200 axentes claves do sector.
No transcurso do evento analizaranse temas cruciais tales como o mercado global do papel recuperado, a actividade dos xestores de residuos no futuro, os novos desenvolvementos normativos e o control da calidade do papel recuperado nas plantas de xestión de residuos.
RELATORES DE ALTO NIVEL
O encontro contará coa participación de relatores de alto perfil, tanto profesionais do sector como representantes das administracións públicas. É o caso de Stéphane Armange, director xeral de FCR (Paprec Group), quen detallará a situación actual do mercado do papel recuperado e o devir deste material, e de Margarita Ruiz, subdirectora xeneral de Residuos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, quen dará a coñecer os desenvolvementos normativos en relación á xestión de residuos, así como prioridades e prazos.
A cita complementarase coa presenza de varios expertos que debaterán sobre o futuro do envase e da embalaxe. Para isto programouse unha mesa redonda na que intervirán as figuras clave do produto: o prescritor do envase, que decide quen o producirá; o fabricante, que o porá en fase de produción e o xestor de residuos, que terá que asumir os novos retos dos envases do futuro e os cambios que implicarán en toda a cadea de valor.
PREMIO “UNHA VIDA RECUPERANDO PAPEL”
Como vén sendo habitual, o Congreso culminará coa entrega do Premio Repacar “Unha vida recuperando papel”, co que se recoñece aos profesionais e empresas que, de forma exemplar, representan os valores do recuperador deste material, así como a súa contribución á economía circular e ao desenvolvemento sostible.
Para máis información www.congresoreciclajepapel.com
Fonte: REPACAR
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación