- Máis da metade da contaminación plástica de fonte terrestre nos nosos océanos provén de só cinco países, catro dos cales atópanse nesta rexión.
- Un novo reporte da UNEP faise eco desta problemática, con graves consecuencias ambientais, económicas e sociais.
- Kakuko Nagatani-Yoshida, coordinador rexional de produtos químicos e residuos da UNEP, alerta de que o Sudeste Asiático é unha fonte primaria, e á vez vítima, do plástico, ao tempo que defende que "Se queremos resolver o problema do lixo mariño a nivel mundial, temos que resolvelo nesta rexión”.
Cerceda, a 19 de novembro de 2019.- Máis da metade da contaminación plástica de fonte terrestre nos nosos océanos provén de só cinco países, catro dos cales atópanse no Sudeste Asiático, ocasionando un grave impacto ambiental, económico e social.
Tal e como se recolle nun novo reporte do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP), lanzado durante a primeira semana de diálogos da alianza SEA Circular, a contaminación plástica estase agravando no Sudeste Asiático; unha circunstancia que require fortalecer políticas harmonizadas e rexionais para facer fronte a esta problemática, coa particularidade de que a rexión se beneficiaría de centros tecnolóxicos compartidos na xurisdición da Asociación de Nacións do Sudeste Asiático (ASEAN) para reciclar e monitorear o comercio de refugallos plásticos.
Kakuko Nagatani-Yoshida, coordinador rexional de UNEP de produtos químicos e residuos, alerta de que o Sudeste Asiático é unha fonte primaria, e á vez vítima, do plástico, onde se está asfixiando os mares e ameazando os ecosistemas e os medios de vida, á vez que defende que "Se queremos resolver o problema do lixo mariño a nivel mundial, temos que resolvelo nesta rexión".
O informe, que leva por título “O papel dos regulamentos e normas de embalaxe no camiño cara á economía circular”, constitúe a primeira análise das políticas sobre residuos e estándares de embalaxe nunha decena países do Sudeste Asiático.
No mesmo compárase as políticas desta rexión coas de Xapón e a Unión Europea, evidenciando que, no cado destas dúas últimas xurisdicións, os envases plásticos, unha vez convertidos en residuos, se gestionan de xeito máis sostible debido, entre outros factores, á presenza de obxectivos nacionais, a un enfoque global do ciclo de vida e a adopción de políticas que priorizan solucións centradas na raíz do problema.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación