- Nunha recente xuntanza virtual con representantes de países de todo o mundo, esta organización enfatizou a importancia da cooperación internacional en materia de ciencias e a necesidade dun maior investimento no contexto da actual crise sanitaria.
- A Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, fixo un chamamento aos gobernos para que intensificasen a cooperación científica e integrasen a ciencia aberta nos seus sistemas de investigación a fin de previr e atenuar as crises mundiais.
Cerceda, a 15 de abril de 2020.- En días pasados, a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) promoveu unha xuntanza virtual de representantes de países de todo o mundo co obxectivo de debater sobre a importancia da cooperación internacional en materia de ciencias e sobre a necesidade dun maior investimento no contexto do COVID19.
A Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, fixo un chamamento aos gobernos para que intensificasen a cooperación científica e integrasen a ciencia aberta nos seus sistemas de investigación a fin de previr e atenuar as crises mundiais.
“A pandemia de COVID-19 sérvenos para tomar conciencia da importancia da ciencia, tanto para a investigación como para a cooperación internacional. Esta crise tamén pon de manifesto a necesidade urxente de mellorar o intercambio de coñecementos a través da ciencia aberta”.
O representante da OMS manifestou ao respecto que “a colaboración é fundamental para o coñecemento e o intercambio de datos, así como para lograr avances na investigación sobre a COVID-19. Nun momento no que as barreiras comerciais e os obstáculos loxísticos impiden a circulación de bens esenciais, é importante destacar que se debe permitir que a ciencia dirixa a resposta mundial a esta pandemia”
Durante as últimas semanas, a comunidade científica internacional mobilizouse para responder á urxencia, compartindo e poñendo a disposición os resultados das investigacións.
Neste encontro participaron 77 ministros, comprendidos secretarios de Estado, en representación dun total de 122 países, así como Mariya Gabriel, Comisaria Europea de Investigación e Innovación, Sarah Anyang Agbor, Comisaria encargada das ciencias da Unión Africana, Moisés Omar Halleslevens Acevedo, ex Vicepresidente de Nicaragua e Soumya SWAMINATHAN, Director Científico da Organización Mundial da Saúde.
TEMÁTICAS ABORDADAS
Polo que se refire á ciencia aberta, na encontro abordáronse aspectos tales como:
- A posta en común dos coñecementos e das iniciativas en apoio da investigación científica.
- A mobilización dos encargados de adoptar decisións, investigadores, promotores de innovación, editores e sociedade civil para posibilitar o libre acceso aberto aos datos científicos, os resultados das investigacións, os recursos educativos e as infraestruturas de investigación.
- O fortalecemento dos vínculos entre a ciencia e as decisións políticas para satisfacer as necesidades da sociedade.
- A apertura da ciencia á sociedade, incluso cando as fronteiras se pechan.
Fonte e imaxe: UNESCO