- O resultado é un material totalmente natural que, ademais de ter unha base completamente biolóxica, tamén pode converterse en abono nun prazo de entre dous e nove semanas, se se xestiona mediante a compostaxe.
- O proxecto foi ideado pola compañía alemá Traceless Materials, quen manifesta que o seu produto non necesita aditivos nocivos e podería aforrar ata un 87% de emisións de carbono, ademais de ser competitivo en canto a prezo e propiedades.
Cerceda, a 29 de abril de 2021.- Unha alternativa biodegradable ao plástico promovida pola compañía alemá Traceless Materials, fíxose co premio Green Alley Award, que organiza anualmente o Grupo Landbell, matriz de ERP en España.
Grazas á tecnoloxía especial desenvolvida pola firma gañadora, os residuos da industria agrícola transfórmanse nunha alternativa sostible a envases e embalaxes de filme e plástico duro, e mesmo ao revestimento de plástico. O resultado é un material totalmente natural que, ademais de ter unha base completamente biolóxica, tamén pode converterse en abono nun prazo de entre dous e nove semanas, se se xestiona mediante a súa compostaxe.
Segundo Traceless Materials, o seu produto non necesita aditivos nocivos e podería aforrar ata un 87% de emisións de carbono, ademais de ser competitivo en canto a prezo e propiedades. Esta solución tamén está aliñada coa prohibición da Unión Europea de utilizar certos plásticos dun só uso, que entrará en vigor en xullo deste ano.
Jan Patrick Schulz, CEO de Grupo Landbell, indicou ao respecto que “o que nos convenceu desta idea foi o seu enfoque holístico biocircular, que permite producir unha alternativa ecolóxica ao plástico convencional».
CANDIDATURAS
En 2021, un total de 189 startups pertencentes a máis de 30 países presentaron a concurso os seus modelos de negocio nas categorías de economía circular dixital, reciclaxe ou prevención de residuos. En marzo, Landbell Group nomeou ao seis finalistas, entre os que había solucións tan innovadoras como un plástico sostible elaborado a partir de roupa en desuso, unha membrana ecolóxica para uso en roupa técnica ao aire libre ou unha plataforma dixital que permitía mellorar a trazabilidade na industria da moda.
O galardón premia con 25.000 euros ás mellores ideas europeas de negocio sostible aliñadas cos preceptos da economía circular.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Green Alley Award