- Así se recolle nos últimos datos do VI Observatorio Nestlé sobre Hábitos Nutricionais e Estilos de Vida das Familias.
- Aínda que o 65% dos españois é consciente de que debe reducir a cantidade de comida que tira ao lixo, o 31% descoñece como evitar o desperdicio alimentario.
- O 51% dos cidadáns que máis desperdician manifesta que tira comida que non está en mal estado, desvelando o estudo que estes compran de forma máis impulsiva e son máis desorganizados á hora de ordenar e conservar axeitamente os alimentos.
- Pola súa banda, o 55% deste colectivo recoñece que improvisa o menú en función da compra diaria; un mal hábito que encarece a cesta da compra, admitindo o 15% que gasta bastante máis do previsto.
Cerceda, a 5 de setembro de 2019.- Segundo os últimos datos do VI Observatorio Nestlé sobre Hábitos Nutricionais e Estilos de Vida das Familias, se ben o 65% dos españois é consciente de que debe reducir a cantidade de comida que tira ao lixo na casa, o certo é que o 31% descoñece como evitar o desperdicio alimentario. Todo apunta a que unha das principais causas é que os españois compran e cociñan máis comida da que realmente necesitan.
O 51% dos que máis desperdician manifesta que tira alimentos que non están en mal estado. O 40% afirma que os produtos frescos se lles estragan e o 33% refuga directamente calquera artigo que esté a piques de caducar.
Rafael Casas, psiquiatra e experto en promoción de hábitos saudables que colaborou no estudo promovido por Nestlé e realizado por IPSOS, explica que as persoas que máis desperdician parecen ser menos conscientes e máis impulsivas nas súas condutas de compra e consumo. “Para motivar a estas persoas a desaproveitar menos os alimentos, primeiro é fundamental que tomen conciencia do problema, por exemplo, observando os seus propios comportamentos, e despois que adopten decisións de cambio con pequenos pasos prácticos na planificación e na forma de almacenar ata convertelos nun hábito cotián. Non só desperdiciarán menos, senón que ademais poderán ter unha alimentación máis equilibrada e saudable”.
O PERFIL DOS MÁIS DESPERDICIADORES
O estudo desvela que os españois que desperdician máis alimentos compran de forma máis impulsiva e son máis desorganizados á hora de ordenar e conservar axeitadamente a comida. Só o 55% revisa o estado dos produtos na neveira e unicamente 6 de cada 10 coloca de forma visible, tanto no frigorífico como na despensa, os máis antigos.
Tamén compran con maior frecuencia e o 13% vai ao supermercado sen lista previa, o dobre que os españois que menos desperdician.
Pola súa banda, o 55% recoñece que non planifica e improvisa o menú diario, un mal hábito que encarece a cesta da compra, admitindo o 15% que gasta bastante máis do previsto.
Desde Nestlé aseguran que planificar o menú semanal resulta clave para comer de forma máis equilibrada e o saber con antelación o que necesitamos, propiciará que compremos o xusto. Desta forma aforrarase diñeiro e evitarase o excedente de alimentos que poidan estragarse ou ben acabar no cubo do lixo.
Fonte: Nestlé
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación