- O obxectivo é que conteñan ata un 50% de material reciclado para a fabricación de proteccións portuarias máis resistentes aos impactos, á acción dos organismos mariños e á radiación UV, así como máis sostibles medioambientalmente.
- A súa aplicación poderá estenderse a outros produtos de señalización, motores, pasarelas ou piscifactorías.
Cerceda, a 25 de xaneiro de 2021.-As defensas portuarias nas zonas de atraque e amarre dos barcos, que actualmente se fabrican con polietileno de alta densidade 100% virxe, vense sometidas a constantes agresións como as dos impactos, os organismos mariños ou a radiación UV, que son os que provocan o seu deterioro e fan necesaria a súa substitución.
Para desenvolver proteccións máis resistentes e sostibles medioambientalmente, AIMPLAS (Instituto Tecnolóxico do Plástico) e o departamento de Microbioloxía e Ecoloxía da Universidade de Valencia participan no proxecto DURPROMAT, liderado pola empresa DURPLASTICS.
Concretamente, vanse a mellorar as propiedades antifouling (antiincrustante) do polietileno de alta densidad mediante a incorporación de aditivos respectuosos co medio ambiente e que cumpran o regulamento europeo sobre biocidas.
Así mesmo, estase a traballar para que o novo material non sufra unha degradación superior ao 30% e se mellore a resistencia ao impacto en, alomenos, un 20%.
Ademais, e en liña coa economía circular, os novos materiais serán 100% reciclables, contribuíndo igualmente aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nº9 (Industria, Innovación e Infraestruturas), nº12 (Consumo e Produción Responsables), nº 13 (Acción polo Clima) e nº 14 (protección da Vida Submarina).
Os resultados do proxecto implementaranse industrialmente e poderían aplicarse á fabricación doutros produtos en contacto co medio mariño e fabricados con materiais plásticos. É o caso, por exemplo, de boyas ou outros sistemas de flotación, balizas, motores, infraestruturas, sistemas de axuda á navegación, pasarelas ou piscifactorías.
Fonte e imaxe: Aimplas