- Organizado por Maresme Circular baixo o lema “A economía circular dos recursos: anticiparse ao futuro”, este congreso terá lugar os días 14 e 15 de novembro no TecnoCampus de Mataró (Barcelona)
- No mesmo participarán profesionais do sector para poñerse ao día sobre cuestións de plena actualidade como é o caso dos instrumentos económicos na xestión de residuos, a crise de materiais, a enerxía, o téxtil e a industria 4.0, entre moitas outras
- O evento tamén contemplará a entrega do Premio “Alfonso Maíllo” ao mellor traballo innovador sobre xestión de residuos, así como unha visita ao Centro Integral de Valorización de Residuos do Maresme
Cerceda, a 4 de agosto de 2023.- O TecnoCampus de Mataró (Barcelona), baixo a organización de Maresme Circular e co apoio doutras entidades tales como a Generalitat de Catalunya e a Diputació de Barcelona, acollerá os días 14 e 15 de novembro de 2023 unha nova edición, e xa é a sétima, do Congreso RECUWASTE, punto de referencia nacional e internacional para poñerse ao día sobre as novidades e avances do sector dos residuos e recursos.
Co lema “A economía circular dos recursos: anticiparse ao futuro”, o Congreso, que será conducido e presentado pola xornalista ambiental María Josep Picó, reunirá, unha vez máis, a profesionais da economía circular e os recursos para informarlles sobre distintas temáticas de plena actualidade tales como a crise de materiais, os residuos como recursos, a enerxía, o téxtil, a industria 4.0, así como as tecnoloxías de futuro para a descarbonización, experiencias internacionais de prevención e reutilización de recursos, e os instrumentos económicos na xestión de residuos municipais. Neste último caso, analizaranse, entre outras cuestións, o novo imposto á vertedura e á incineración, contemplados na lei estatal 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular, a responsabilidade ampliada do produtor e o pago por xeración, dando conta das certezas e dúbidas sobre os sistemas de pago por xeración e taxa xusta.
O encontro incluirá unha mesa de representantes políticos responsables de xestión dos residuos e, como vén sendo habitual, contempla a entrega do Premio “Alfonso Maíllo” ao mellor traballo innovador sobre xestión de residuos, así como unha visita ao Centro Integral de Valorización de Residuos do Maresme e as súas instalacións formativas e divulgativas.
Toda a información e inscricións en recuwaste.com
Saúdos, Departamento de Comunicación