- Foi lanzada pola FAO e a NASA, co apoio de Google Earth e o Programa SilvaCarbon do goberno estadounidense.
- Collect Earth Online (CEO) aumenta o poder de Collect Earth de Open Foris da FAO, que durante os últimos anos, e coa axuda de imaxes satelitais, permitiu recompilar datos sobre o uso da terra e a deforestación.
- A nova plataforma está baseada nunha contorna web, é gratuita, está a disposición de calquera interesado, non require descargas nin instalación, e permite examinar de forma sistemática calquera ubicación do planeta.
- Trátase dun instrumento de gran axuda nun momento de grandes desafíos ambientais, permitindo a todos os países cartografiar e monitorear os seus bosques en mellores condicións e con maiores garantías.
Cerceda, a 8 de xaneiro de 2019.- Unha nova ferramenta xeoespacial lanzada pola FAO e a NASA, co apoio de Google Earth e o Programa SilvaCarbon do goberno estadounidense, permite a calquera persoa realizar un seguimento do uso do solo e os cambios da paisaxe en calquera lugar.
Collect Earth Online (CEO) aumenta o poder de Collect Earth de Open Foris da FAO, que durante os últimos anos, e coa axuda de imaxes satelitais, propiciou a recompilación de datos sobre o uso da terra e a deforestación.
A nova plataforma está baseada nunha contorna web, é gratuita, atópase a disposición de calquera interesado, non require descargas nin instalación, e permite examinar de forma sistemática calquera ubicación do planeta. Facilita así a realización de enquisas, a recolección de mostras e o uso de técnicas de colaboración voluntarias. A través de http://collect.earth/ e rexistrándose na plataforma, pódese acceder á mesma cun simple click.
A principios deste ano, CEO integrarase en SEPAL (Sistema de acceso de datos de observación da terra, procesamento e análise para a vixilancia da superficie terrestre), a potente plataforma da FAO baseada na nube, facilitando así a vinculación directa de datos ás cadeas de procesamento para xerar mapas e estatísticas precisas e transparentes.
Tamén en 2019 CEO contará con TimeSync , unha ferramenta de visualización de series de tempo Landsata creada pola Universidade do Estado de Oregón e o Servizo Forestal de Estados Unidos.
AXUDA ANTE OS DESAFÍOS AMBIENTAIS
Trátase dun instrumento de gran axuda nun momento de grandes desafíos ambientais, permitindo a todos os países cartografiar e monitorear os seus bosques en mellores condicións e con maiores garantías. Á súa importancia como fonte de madeira e de combustible, agora únese o papel clave que desempeñan os bosques no almacenamento de carbono, o control de pragas e a agricultura.
A medida que máis cidadáns utilicen a ferramenta, FAO e NASA confían en que xurdan outros usos innovadores tales como a xestión de desastres e a vixilancia dos glaciares.
A súa natureza de código aberto e baseada na nube amplía o acceso e supón igualmente unha protección fronte á perda de datos. Isto alenta iniciativas que van desde a protección do hábitat natural da vida silvestre ata proxectos máis amplos que miden os vínculos entre a biomasa e a pobreza:
Fonte e imaxe: FAO
Saúdos, Departamento de Comunicación